Ola Susana. Como xa sabrás, eu encargome de Mozilla, e non estou moi sobrado de axuda, preciso moita colaboración, polo menos no que se refire a tradución das páxinas web do proxecto ou promocionais da fundación.
A interface dos aplicativos de Mozilla (xa sexa Firefox, Thunderbird ou outros vai bastante ben). O problema é coa tradución das páxinas web que cando saen son bastante urxentes e non atopo voluntarios que se comprometan con eses tempos de resposta ou non consigo facelo o suficiente atractivo. Se che gusta traducir páxinas web de promoción e bastante visíbeis, sería un bo lugar no que colaborar, pero son cousas que teñen bastante urxencia cando saen. Creo que non son moi difíciles e en principio tradúcese co OmegaT. Eu pasaríache o proxecto creado e cos recursos que precisas. Da revisión, sobre todo técnica e do envío de volta ao proxecto xa me encargaría eu como coordinador. Saúdos. 2012/1/11 mvillarino <[email protected]>: > En Wed, 11 Jan 2012 13:45:00 +0100, Susana Brandariz > <[email protected]> escribió: > > >> coñezo algunhas linguaxes de programación... JavaScript, C++, HTML, >> estoume afacendo ao Ubuntu, que cada vez me gusta máis; a experiencia >> traducindo neste campo venme sobre todo dun posgrao que fixen o ano pasado >> onde traducimos exemplos variados (cadeas de caracteres dun archivo >> executable, páxinas web, folletos informativos, algo de xogos infantís... >> tamén fixemos unha wiki) Noutros temas si que traballei, teño práctica con >> programas de tradución e xa estou botando unha ollada ao launchpad, e con >> ganas de aprender e axudar. > > > Perdón por meterme. > > As linguaxes de programación non terás que coñecelas (D.m.), a non ser que > faigas cousas moi pero que moi específicas ou sofisticadas, e xeralmente > aínda así estarán limitadas á shell (*1) e tal vez a perl (*2) e javascript. > No entanto, está moi ben ser polo menos capaz de ler código e polo menos > saber que é o que fai. > > Aquí penso que a resposta importante é a referido aos programas que usas, xa > que normalmente téndese a dar máis continuidade e calidade ás localizacións > que se fan de software do que se é usuario; dito doutro xeito, o habitual é > porse a traducir os programas que un usa. > > Polo que se refire aos procedementos de traballo, só podo comentar que > dependen, e moito, do proxecto de tradución, así aqueles que empregan unha > interface web para traducir (Pootle, Launchpad) traballan de xeito diferente > dos que o facemos con software CAT de escritorio con ou sen axuda de > interfaces web para a xestión dos ficheiros (Transifex). > > Nós en KDE non usamos interfaces web, máis que nalgún caso para obter os > ficheiros que se van traducir, pero recoméndase manexar directamente os > repositorios. > > Xa que estamos, un pouco de axuda en KDE non viría nada mal. Se empregas > algún programa deste sistema, como poida ser o Lokalize, e estás interesada > en traducilo, dareiche unhas instrucións (na rolda de correo). > > *1 Eu, persoalmente, solucionei a miña vida en KDE graza a varios scripts da > shell > *2 Na páxina web de Pablo Gamallo, da usc, hai cousas que parecen > interesantes como referencia. > -- > BRGDS > Marce Villarino > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

