Grazas Marce, non coñezo o Lokalize (aínda que oín falar del),  pero paréceme 
unha moi boa forma de empezar. Usei algo Trados, Catalyst...  e estivera 
curioseando OmegaT, á parte diso non manexo máis que o típico procesador de 
textos... 
Vexo que tedes moita actividade


> To: proxecto@trasno.net; susana_branda...@hotmail.com
> Subject: Re: COLABORAR TRADUCINDO
> Date: Wed, 11 Jan 2012 15:45:52 +0100
> From: mvillar...@gmail.com
> 
> En Wed, 11 Jan 2012 13:45:00 +0100, Susana Brandariz  
> <susana_branda...@hotmail.com> escribió:
> 
> > coñezo algunhas linguaxes de programación... JavaScript, C++, HTML,  
> > estoume afacendo  ao Ubuntu, que cada vez me gusta máis; a experiencia  
> > traducindo neste campo venme sobre todo dun posgrao que fixen o ano  
> > pasado onde traducimos exemplos variados (cadeas de caracteres dun  
> > archivo executable, páxinas web, folletos informativos, algo de xogos  
> > infantís... tamén fixemos unha wiki) Noutros temas si que traballei,  
> > teño práctica con programas de tradución e xa estou botando unha ollada  
> > ao launchpad, e con ganas de aprender e axudar.
> 
> Perdón por meterme.
> 
> As linguaxes de programación non terás que coñecelas (D.m.), a non ser que  
> faigas cousas moi pero que moi específicas ou sofisticadas, e xeralmente  
> aínda así estarán limitadas á shell (*1) e tal vez a perl (*2) e  
> javascript. No entanto, está moi ben ser polo menos capaz de ler código e  
> polo menos saber que é o que fai.
> 
> Aquí penso que a resposta importante é a referido aos programas que usas,  
> xa que normalmente téndese a dar máis continuidade e calidade ás  
> localizacións que se fan de software do que se é usuario; dito doutro  
> xeito, o habitual é porse a traducir os programas que un usa.
> 
> Polo que se refire aos procedementos de traballo, só podo comentar que  
> dependen, e moito, do proxecto de tradución, así aqueles que empregan unha  
> interface web para traducir (Pootle, Launchpad) traballan de xeito  
> diferente dos que o facemos con software CAT de escritorio con ou sen  
> axuda de interfaces web para a xestión dos ficheiros (Transifex).
> 
> Nós en KDE non usamos interfaces web, máis que nalgún caso para obter os  
> ficheiros que se van traducir, pero recoméndase manexar directamente os  
> repositorios.
> 
> Xa que estamos, un pouco de axuda en KDE non viría nada mal. Se empregas  
> algún programa deste sistema, como poida ser o Lokalize, e estás  
> interesada en traducilo, dareiche unhas instrucións (na rolda de correo).
> 
> *1 Eu, persoalmente, solucionei a miña vida en KDE graza a varios scripts  
> da shell
> *2 Na páxina web de Pablo Gamallo, da usc, hai cousas que parecen  
> interesantes como referencia.
> -- 
> BRGDS
> Marce Villarino
                                          
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a