Agora que xa se presentaron case todos, e fixeron as súas propostas,
preséntome eu.

Ademais doutras cousas, son o coordinador de Ubuntu e dalgunha cousa
máis... neste momento teño dúas urxencias que reservaba para quen queira
iniciarse, Openbox e Obconf, a importancia ven dada por seren básicos para
LXDE e que será o xestor de xanelas da vindeira Minino.
http://openbox.org/wiki/Openbox:Contribute
Estes dous .pot hai que traducilos en local, podes empregar calquera
ferramenta... Lokalize, OmegaT, Virtaal, Poedit, GTranslator... ou incluso
podes facelo en modo texto.
  Bótallesun ollo en:
http://git.icculus.org/?p=mikachu/openbox.git;a=blob_plain;f=po/openbox.pot;hb=backport
http://git.icculus.org/?p=dana/obconf.git;a=blob_plain;f=po/obconf.pot;hb=HEAD

Se te animas, xa che imos indicando cal é a mellor forma.

Entende esta nota como unha proposta de aprendizaxe, e con calma vas
pensando en que equipo queres integrarte.

M.Anxo Bouzada

2012/1/11 Susana Brandariz <susana_branda...@hotmail.com>

>  Grazas Marce, non coñezo o Lokalize (aínda que oín falar del),  pero
> paréceme unha moi boa forma de empezar. Usei algo Trados, Catalyst...  e
> estivera curioseando OmegaT, á parte diso non manexo máis que o típico
> procesador de textos...
> Vexo que tedes moita actividade
>
>
> > To: proxecto@trasno.net; susana_branda...@hotmail.com
> > Subject: Re: COLABORAR TRADUCINDO
> > Date: Wed, 11 Jan 2012 15:45:52 +0100
> > From: mvillar...@gmail.com
>
> >
> > En Wed, 11 Jan 2012 13:45:00 +0100, Susana Brandariz
> > <susana_branda...@hotmail.com> escribió:
> >
> > > coñezo algunhas linguaxes de programación... JavaScript, C++, HTML,
> > > estoume afacendo ao Ubuntu, que cada vez me gusta máis; a experiencia
> > > traducindo neste campo venme sobre todo dun posgrao que fixen o ano
> > > pasado onde traducimos exemplos variados (cadeas de caracteres dun
> > > archivo executable, páxinas web, folletos informativos, algo de xogos
> > > infantís... tamén fixemos unha wiki) Noutros temas si que traballei,
> > > teño práctica con programas de tradución e xa estou botando unha
> ollada
> > > ao launchpad, e con ganas de aprender e axudar.
> >
> > Perdón por meterme.
> >
> > As linguaxes de programación non terás que coñecelas (D.m.), a non ser
> que
> > faigas cousas moi pero que moi específicas ou sofisticadas, e xeralmente
> > aínda así estarán limitadas á shell (*1) e tal vez a perl (*2) e
> > javascript. No entanto, está moi ben ser polo menos capaz de ler código
> e
> > polo menos saber que é o que fai.
> >
> > Aquí penso que a resposta importante é a referido aos programas que
> usas,
> > xa que normalmente téndese a dar máis continuidade e calidade ás
> > localizacións que se fan de software do que se é usuario; dito doutro
> > xeito, o habitual é porse a traducir os programas que un usa.
> >
> > Polo que se refire aos procedementos de traballo, só podo comentar que
> > dependen, e moito, do proxecto de tradución, así aqueles que empregan
> unha
> > interface web para traducir (Pootle, Launchpad) traballan de xeito
> > diferente dos que o facemos con software CAT de escritorio con ou sen
> > axuda de interfaces web para a xestión dos ficheiros (Transifex).
> >
> > Nós en KDE non usamos interfaces web, máis que nalgún caso para obter os
> > ficheiros que se van traducir, pero recoméndase manexar directamente os
> > repositorios.
> >
> > Xa que estamos, un pouco de axuda en KDE non viría nada mal. Se empregas
> > algún programa deste sistema, como poida ser o Lokalize, e estás
> > interesada en traducilo, dareiche unhas instrucións (na rolda de correo).
> >
> > *1 Eu, persoalmente, solucionei a miña vida en KDE graza a varios
> scripts
> > da shell
> > *2 Na páxina web de Pablo Gamallo, da usc, hai cousas que parecen
> > interesantes como referencia.
> > --
> > BRGDS
> > Marce Villarino
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>


-- 
Membro de «The Document Foundation projects» http://gl.libreoffice.org
Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
Membro do «Grupo de Amigos Linux de Pontevedra (GALPon)» http://galpon.org
Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a