Ola,

a ver, levo traducido moito Software Libre e nunca tiven que "asinar" 
nada porque cando colaboras nun proxecto de Software Libre cunhas 
licenzas específicas sabes perfectamente o que poden e non poden facer 
coas túas traducións.

Non entendo cal é a diferenza entre traducir bash fronte a traducir 
xkeyboard-config como xa fixen no Translation Project sen ter que 
firmar nada. Tampouco atopo ningún problema legar para eles de que eu 
colabore coas miñas traducións. Simplemente con poñer un disclaimer no 
web dicindo que toda tradución remitida pasa a ser deles baixo a 
licenza X.

Conste que no principio odiaba o robot que recibe as traducións, pero 
resultou ser bastante bo para cumprir uns mínimos de calidade técnica 
das traducións. E agora véxoo coherente. Non así o tema do disclaimer.
Iso o que consegue é que os tradutores noveles teñan un gran muro por 
diante (as traducións de software libre maioritariamente lévanse a cabo 
en tempo de lecer) que é ter que enviar un fax, carta certificada, 
poña-aqui-o-seu-procedemento para unha tradución puntual ou non.

Fran Diéguez
http://www.mabishu.com
GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8

On Xov 09 Feb 2012 20:00:44 CET, Francisco J. Tsao Santin wrote:
> On Thu, 9 Feb 2012, Fran Dieguez wrote:
>
>> cadeas) e para envialo tenho un problema: Non tenho o proceso de
>> disclaimer feito porque enviar un fax para colaborar nun proxecto de
>> software libre paréceme unha perda de tempo.
>
> Cada proxecto de software libre ten a súa forma de traballo. O disclaimer
> permite, dende o punto de vista de GNU de evitar unha serie de problemas
> legais. Pode ser un incordio, pode levar tempo, e ata pode que haxa formas
> mellores. Pero creo que se o teñen establecido así, se temos a intención
> de colaborar con regularidade, debemos levar a cabo o proceso.
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a