El día 17 de abril de 2012 00:34, Fran Dieguez <lis...@mabishu.com> escribió:
> Conta comigo para movidas técnicas.
>
> Por certo, unha idea... serái posíbel que a RAG nos dera recursos, como por
> exemplo un listado dos lemas, para facer deste dicionario algo máis
> completo?

Como falamos aí atrás,
pedinlle ao novo académico, Henrique Monteagudo que mirasen de ofrecer
unha API ou poñer un servidor DICT sincronizado.
Respondeume que xa meteu o asunto para consideración do Pleno e que
non sabía aínda moi ben os procedementos polo que non me podía dar
datas.

De todas maneiras, non estaría mal enviarlles unha carta un pouco máis
detallada e explicada, porque os académicos en xeral non teñen por que
ter idea de todo isto, aínda que agora haxa persoas que xa si son
tecnoloxicamente accesibles.
O peor inimigo sería que "tivesen medo" ou que alguén con intereses
llelo metesen.



>
> Saúdos
>
> Fran Diéguez
> http://www.mabishu.com
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>
> En 16/04/12 13:19, Antón Méixome escribiu:
>
>> El día 16 de abril de 2012 10:09, damufo<dam...@gmail.com>  escribió:
>>>
>>> Boas:
>>> Se non me erro temos unha páxina onde imos deixando constancia de
>>> eivas/melloras a incluír no corrector de galego (hunspell).
>>>
>>> En mancomún hai esta:
>>>
>>> http://wiki.mancomun.org/index.php/Corrector_ortogr%C3%A1fico_para_OpenOffice.org#Erros_detectados_e_en_revisi.C3.B3n
>>>
>>> Eu penso que ditas eivas son referidas á versión de mancomún e non á de
>>> Miguel Solla.
>>> Temos algo parecido no wiki de trasno?
>>>
>> Si
>> http://wiki.trasno.net/Corrector_Hunspell
>>
>> A páxina de Mancomun fixeraa eu mesmo e tes razón en que se refiere á
>> versión do corrector de Mancomún
>>
>> (http://wiki.mancomun.org/index.php/Corrector_ortogr%C3%A1fico_para_OpenOffice.org
>> ), previa á de Miguel Solla. Esa páxina está vinculada ao mantemento
>> dos ficheiros na Forxa de Mancomún
>>
>> Se facedes memoria, desde Mancomún pedíronse voluntarios hai xusto
>> agora un ano para responsabilizarse da administración porque en
>> Mancomún non queda ninguén que faga seguimento da Forxa. Este é un
>> proxecto que non ten présas, pero que necesita claridade e
>> estabilidade. Por iso me ofrecín
>>
>> https://forxa.mancomun.org/projects/hunspell-gl/
>>
>> Fixen unha copia por seguranza por se acaso (creo que Fco. Rial tamén
>> tiña unha copia)
>> https://github.com/meixome/hunspell-gl
>> E tamén fun recollendo material, documentación, referencias, ficheiros
>> e todo o que puiden no blog
>> http://blog.openoffice.gl/recursos-ortograficos/
>>
>> Naturalmente é moito choio e coincidiu co propio nacemento de LibO e
>> moitas outras cousas e ata agora non tiven tempo de máis.
>> É evidente que atendendo tantas historias á vez non facilita avanzar.
>> Así que pido axuda para este proxecto grupal de Trasno que o
>> considero, se podes.
>>
>> Hoxe en día habería que recomprobalo todo, recuperar as notas que se
>> foron deixando na lista de Trasno e noutros lugares, e ir sacando
>> melloras, xa que a versión de Proxecto Trasno si que utiliza a versión
>> de hunspell de Miguel Solla.
>>
>> Tamén sería importante empaquetalo e remitilo actualizado ás distintas
>> frontes onde é útil (Mozilla, LibO, AOO, Debian, ...).
>>
>> É dicir hai varios sitios onde hai moito traballo que facer:
>> coordinación, desenvolvemento, empaquetado e mantemento, integración
>> con outras ferramentas, publicidade, erros, probas, etc.
>>
>>
>>
>>
>>
>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a