Reenvío a Trasno por se a alguén lle interesa.
---------- Forwarded message ---------- From: Leandro Regueiro <[email protected]> Date: 2012/4/24 Subject: Re: Descargar GIMP en galego To: Enrique Estévez Fernández <[email protected]> 2012/4/24 Enrique Estévez Fernández <[email protected]>: > Ola Leandro. > > Comentoume unha persoa que non era capaz de descargar ou pór o gimp en > galego en windows. > > Como se fai. Existe unha páxina de descarga especial onde está > localizado ao galego ou descargase desde a páxina oficial e despois, > unha vez instalado ten que escoller o idioma galego nos menús. Eu acabo de conseguilo no meu windows7 seguindo os seguintes pasos: * non teño nin idea de onde conseguir Gimp para Windows, así que busco "gimp windows" en Google * o primeiro resultado parece que é o que necesito: http://www.gimp.org/windows/ * descargo o instalador premendo na ligazón "installer": http://gimp-win.sourceforge.net/stable.html * por se acaso premo tamén na ligazón "FAQ", que xa sabemos que a veces hai problemas: http://gimp-win.sourceforge.net/faq.html * arrinco o instalador e seguinte, seguinte, cona! resulta que puxeron o botón "Install now" no medio da xanela * considero un anaco se me convén premer no botón "Install now" ou no "Customize", pero para non perder máis tempo doulle a "Install now" * despois de instalar arrinco e parece que non me rula en galego, merda! * pecho o Gimp * verifico a configuración de Windows e teño primeiro o galego, despois o inglés e despois o castelán * empezo a mosquearme * vou mirar na FAQ que abrín antes, que malo será * anda, mira ti, o punto 2 indica como facer que a interface de Gimp empregue outro idioma * non lembro como configurar a variable de contorno así que vou á ligazón que indica o FAQ * merda! a explicación é para winXP * inténtoo de todos os xeitos e resulta que basicamente é o mesmo en win7, claro que cambiando as cousas de sitio para foder: * abro menú Inicio * premo co botón dereito do rato en "O meu PC" * selecciono "Propiedades" * no panel lateral vou á última opción "Configuración avanzada del sistema" * na lapela "Opciones avanzadas" premo no botón "Variables de entorno" que aparece cara ao fondo * debaixo da lista de "Variables de entorno para x" premo no botón "Nueva..." * en "Nombre de la variable" escribo "LANG" (sen as comiñas) * en "Valor de la variable" escribo "gl" (sen as comiñas) * doulle aos botóns "Aceptar" de todas as xanelas que fun abrindo * volvo abrir o Gimp, e está en galego! Só por facer a gracia despois instalei o manual de Gimp, a versión en inglés, porque en galego non hai: * pecho o Gimp * vou a http://www.gimp.org/downloads/ * baixo ata a sección "GIMP User Manual" * premo na ligazón do inglés e descargo o instalador * execútoo * abro o Gimp e vou a "Axuda" -> "Manual de usuario" e selecciono calquera apartado, por exemplo "Conceptos básicos" * quéixase porque non se instalou o visor de axuda, pero dígolle que me use o navegador web * funciona!! > Espero a túa axuda. > > Saúdos. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

