Creo que non temos falado disto. Que facemos?

en. double-sided, dúplex printing

es. a doble cara, dúplex

fr. recto-verso, dúplex

pt. en dúas faces


gl. ?

a dobre cara (un claro préstamo do español)
a dúas caras
a/en dúas faces
dúplex

No DRAG aínda que recolle "cara" con acepcións que poderíamos utilizar
sen problema, tamén recolle e, máis especificamente, "face"

face

2. Superficie dunha moeda ou medalla onde vai representada unha
efixie. Na face aparecen as figuras da raíña e do rei. sin. anverso ,
cara . ant. cruz, dorso , reverso . 3. A cara principal dun tecido,
papel, folla etc., oposta á posterior. É ben bonita a face desta tea.
sin. dereito . ant. revés . Cubra os datos que aparecen na face do
cartón. sin. anverso . ant. dorso , reverso . A face de certas follas
é brillante. ant. dorso , envés .
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a