2012/4/25 Antón Méixome <[email protected]>: > tweening > interpolación > > Trátase dun concepto aplicado á animación dixital e non do simple "xemelgo" > > A cuestión é se se debe traducir ou é tan particular e novidoso que > deberá utilizarse o anglicismo. > Como se utiliza moito nas interfaces, ten repercusión para nós.
Home, eu é a primeira noticia que teño disto, e usar «interpolación» para traducilo pode provocar confusións cando se atope «interpolación» como tradución para "interpolation" que creo que é moito máis común. > Parece que non é tan especial nin novidoso e que se trata dun dos > tipos de "interpolación" ou inferencia "fases intermedias" de > movemento, posición ou algunha característica gráfica. ( cfr. sfumato, > termo italiano incorporado como préstamo necesario no renacemento > aínda que a técnica coñecíase antes). Pero utilizala conscientemente é > o que deu orixe á súa formalización. > > En inglés tampouco hai fixación exactamente. Utilízase "Tween", > "Tweening", Inbetweening e "Tweener" e a entrada da Wikipedia xa o di > todo > http://en.wikipedia.org/wiki/Inbetweening > > Outra vantaxe da súa tradución é o feito de que se pode matizar, ou > facer operacións mediante esta técnica. O anglicismo puro e duro > dificultaría a adaptación e a comprensión. > > Motion tween > Interpolación de movemento > Coloring Tween > Coloreado da interpolación > Select objects for Tweening first! > Seleccionar obxectos para > interpolar primeiro! > ... > > Para min debe recibir o mesmo tratamento que outras técnicas de > tratamento da imaxe: shap, blur, etc... todas adaptadas. > > > En español tamén hai dúbidas > > interpolación > > http://internet-y-ordenadores.practicopedia.lainformacion.com/flash/como-crear-una-interpolacion-de-movimiento-en-flash-1054 > > intermediación > > http://es.wikipedia.org/wiki/Tweening > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

