O Xoves, 8 Jul 1999, Asociacion Universitaria GPUL(Tarrio) escribiu:

>  Ben, pois xa que todos me aclamades (agás eu :DD) pois vou empezar
> explicando como funciona o sistema gettext, que se usa nas textutils,
> fileutils, bash, gcc, etc...

        Moitas gracias pola explicación, agora xa non texo que compilar
glade cada vez que quero probar a traducción :)) Non sabía que chegaba con
por o ficheiro no directorio dos "locale", pensei que o propio programa
precisaba saber cales eran as linguaxes para as que tixa soporte. 
 
>  Isto xenera un ficheiro chamado 'messages' que inmediatamente copiaredes ao
> directorio /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES, co nome do paquete e coa
> extensión .mo, por exemplo, se estades a traduci-las fileutils:
> 
>    $ cp messages /usr/src/locale/gl/LC_MESSAGES/fileutils.mo

        Supoño que te refires ó que hai que facer para PROBAR a
traducción, non?  Porque supoño que o mais normal será que cando está
rematada e xa estamos satisfeitos con ela, ou ben nos ou ben GPUL a mande
ós desenroladores para que a incluan xunto cós demais fontes.

        Por certo, xa non é o primeiro programa que vexo que trae os .po
sen compilar, ademais de que no CVS o mellor e ter as cousas nun estado o
mais *source* posible (perdoade, necesitaba decilo cunha soa palabra ;) e
polo tanto sera mellos mandarlles o .po e non o .mo

>  Ben, ben... O QUE NUNCA DEBEDES FACER:
> 
>  - Traduci-lo es.po: queda fatal, provoca castelanismos e ademáis a
>                      traducción non é todo o boa que se quixera (xa vin
>                      catro ou cinco erros gordos na súa traducción
>                      das fileutils)

        Ai! non me digas isoooooo, que levo 1/3 traducido asi... Bueno,
realmente a maioria do es.po estaba sen traducir, asi que tampouco leva
tanto castelanismo :-). A partir de agora fareino desa maneira, pero polo
menos o glade deixademe que o termine asi que se non teño que volver a
empezar e non me fai ningunha gracia...

>  - Usar sintaxe inglesa: 'file could not be opened' non se traduce por
>                          'o ficheiro non puido ser aberto', senón por
>                          'non se puido abri-lo ficheiro'.

Xa que estamos... Cómo se traducen estas cousas?:
* Prelight
* Insens

        Non estan nunha frase, non veñen no meu diccionario, e tampouco
souberon traducilas os que fixeron o es.po :-), alguén pode axudarme?

Por se alguén sabe aleman, prelight --> rechts, pero parece que o de
Insens tampouco souberon traducilo eles ;) Os franceses deixaron o de
Insens tal cual está, e o de prelight puxeron pre-iluminacion, que
tampouco axuda demasiado a entendelo ;)

        Por certo, unha cousa, como andan cambiando de pola cada 2x3, a
última vez que me diron clase, non se usaba xa o guión para cando vai un
artigo seguindo un verbo ("pinchamo-lo icono". a ultima vez usabase
"pinchamos o icono") como anda agora a cousa? Sigue nas mesmas? 

>  - Eu, na miña traducción das fileutils, evitei emprega-la palabra
>    'imprimir' se non se refería directamente a unha impresora: por exemplo
>    traducín 'print to standard output' por 'escribir na saída estándar' e
>    'print an error message' por 'visualizar unha mensaxe de erro'.

        De feito creo que en castelán tampouco é moi boa idea usar
"imprimir"  cando o que pretendes dicir e "mostrar" , asi que tes o meu
apoio.

>    Se cadra non estades de acordo con iso... quero oí-las vosas opinións
>    sobre o tema; se cadra vos gosta a forma 'imprimir'; se cadra non vos
>    gosta a palabra 'visualizar' e preferides 'amosar'...

        Home, a verdade e que amosar queda algo mellor, para o meu gusto.
  
>    Tamén usei a palabra 'formatar' (que non atopei no Xerais pero paréceme
>    mellor que 'formatear'). ¿Que vos parece?

        Como se di stinks en galego? X-DDD Pois iso, creo que "dar
formato" queda mellor que esas duas opcións.
 
>  - Traducín a mensaxe 'Try `%s --help' for more information' por
>    'Escriba `%s --help' para ter máis información', e as mensaxes:
>    '--help      display this help and exit' e
>    '--version   output version information and exit' polas mensaxes:
> 
>    '--help      amosar esta axuda e saír' e
>    '--version   producir información sobre a versión e saír'. ¿Que vos
>    parecen? Creo que vou cambia-la palabra 'producir' por 'amosar', que

        Si, e en calqueira caso, xerar parece mais enxebre que producir... 

* teño que traducir tamen os taglines ó galego :) *
--
  _
 /_) \/ / /  email: mailto:r...@mundivia.es
/ \  / (_/   www  : http://personales.mundivia.es/ryu
[GGL developer] http://ceu.fi.udc.es/GPUL/proyectos/ggl/index.html

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a