Ben, xa case, case, somos parte do Proxecto de Traduccións de GNU :-)

 - ¿Que nos ofrecen?

 As nosas traduccións serán oficiais, irán incluidas nos paquetes
orixinais e gañaremos moita fama e moitos cartos :DDD
 Ademáis dannos moitos recursos, coma... coma... :-m

 - ¿Que temos que dar?

 Temos que encher uns "translation disclaimers", é dicir, declina-los
nosos dereitos sobre as traduccións, de xeito que esas traduccións pasen a
ser "Free Software".

 - ¿Isto que quere dicir?

 Quere dicir que sen "translation disclaimer" non podemos te-las
traduccións nos programas "orixinais", así que se queremos que isto da
traducción sexa un éxito, temos que facelo. Doe, pero... :-)

 - ¿Cal é o texto das translation disclaimer esas?

 Podédelo atopar no directorio de documentación do GNU gettext; se alguén
non o ten, pódollo enviar por correo electrónico.

 - ¿E a qué enderezo electrónico envío a cousa disclaimer?

 A ningún. Son tan legais e todo iso que hai que enchelo, imprimilo,
asinalo e envialo por correo convencional, ó enderezo da Free Software
Foundation. Un mes despois comunicarannos que a cousa xa está aprobada...
¿Acordarédesvos de como se envía unha carta por correo? X-)))))

 - ¿E terei que facer iso por cada paquete?

 Non, home :-) Abonda con facelo unha soa vez na vida :-)


Hasta luego:

   Tarrío                                             Fidonet: 2:348/102.11
(Compostela)

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a