On Tue, 10 Aug 1999, David Fernandez Vaamonde wrote:

> primeiro capitulo ( tamen o indice ). Nesta momento surxen dous asuntos,
> un  que necesitaria a alguén que me repasase o que vou facendo, esto non
> son frases soltas ( coma os .pot ), e texto enlazado no que e dificil
> equivocarse, se alguen se presta e se non se presta mandollo a Jacobo
> Tarrio, tantas veces como dias teña o ano ate que lle vote un ollo ;).

        Creo que deberiamos por na lista de cousas a traducir os nomes dos
traductores, e ademáis que a xente se puidera apuntar a revisar un texto
en concreto. Entón un obxeto de traducción tería un equipo con:

        * Un ou varios traductores.
        * Un ou varios verificadores.

        Por certo, eu quero averiguar (se o sabe xa alguén mellor que
mellor) cómo está organizada a Academia de Lingua para acoller vocabulario
técnico e comprobalo. Por dous motivos que nos poden e VAN sair na
traducción das cousas:

        * Posiblemente teñan (ou deberían ter) diccionarios específicos
para áreas técnicas. Neste caso nos interesaría o de galego.
        * A medida que vaiamos avanzando, encontraremos vocablos que non
están resoltos pola academia. E creo que é a nosa responsabilidade propor
novos términos para a súa discusión no organismo.

        Se teño tempo e atopo a alguén que me poida informar, falo eu de
estes temas (e se ninguén pon obxeccións). E se alguén ten algún bo
contacto para falar disto, mellor que mellor, e que escriba por aquí
poniendo o que averigüe.

Jose Dapena Paz | mailto:jdap...@mundivia.es
[GGL developer] | http://personales.mundivia.es/jdapena
                | DynDNS: metalicana.ddns.org
                | Clave publica PGP disponible en pgp.ai.mit.edu

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poniendo "unsubscribe" na mesaxe

Responderlle a