> que cho conten Jacobo o Jesus, polo que sei trata diso que saiu no > Correo Galego de que Fraga e Rik ían a comezar a traducir o linuz a > galego ou algo así. por certo, se alguén ten o artigo a ver se mo pode > pasar; porque eu seguira o enlace pero non rulaba ou non sei que pasou > pero non o puidera ler.
De feito estaría ben que alguén o puxese por aqui transcrito, ou alo menos resumido :-) Polo que eu sei o único que houbo entre a Xunta e Rik foi un malentendido, ou sexa, que Rik lles pedía que apoiasen a traducción do Linux ó galego e eles entenderon que quería pasar todo o sistema informático da Xunta a Linux X-))) en fin, e por riba, cando me din conta do malentendido, Rik non puido xa falar con ninguén na Xunta para desfacelo :-( Hoxe mesmo (5 de Abril) falei con Rik, e dí que cando teña tempo vai terminar o que estaba facendo para darlles ós da Xunta, pero que o fará en plan carta aberta. En canto seipa algo mais xa volo direi. Cecais non estaba mal coller o texto que faga Rik, traducilo ó galego, e quedar cos da Xunta para termos todos unha reunión con eles :-) Saudos! -- Manty/BestiaTester -> http://manty.i.am

