Fri, Jun 30, 2000 at 12:38:40AM +0200, Francisco Xosé Vázquez Grandal escribiu:
>1.- Podedesme decir se esta cabeceira esta ben.
>
># Traducción ó galego do GIMP
># Copyright (C) YEAR Free Software Foundation, Inc.
Ehm... O mellor é que te poñas ti o Copyright (xa que es o autor,
isto poderíacho explicar mellor Jacobo ou Fernando) ;-)
Ademais, para ser da FSF terías que enviar un disclaimer (ós que
traducimos GNU esíxennolo)
Quedaría:
# Copyright (C) 2000 Francisco Xosé Vázquez Grandal.
>"Project-Id-Version: PACKAGE VERSION\n" <--- Non sei de que versión é.
Creo que cando cho pasei era a 1.1.21. Se non podes poñer "gimp
cvs" e será dabondo.
>"POT-Creation-Date: 2000-05-22 20:49+0200\n"
>"PO-Revision-Date: 2000-06-29 23:00+ZONE\n"
Pon a zona, non vaia ser... ;-) Agora estamos en +0200
>"Language-Team: GALEGO <[email protected]>\n" <--- ¿en language
>team debera ter posto TRASNO?
Normalmente poñemos "Galician", aínda que tamén podes poñer
"Galego"
>2.- Teño traducidos:
>- gimp.pot
>-gimp-libgimp.pot
>-gimp-script-fu.pot ( este non o pedira pero como era pequeno traducino,
>agardo que non vos importe)
Descoida. :-)
> msgid "<Image>/Filters/Web/Prepare for GIF..."
>
>¿podese traducir o que hai entre os <>
>
> msgstr "<Imaxe>/Filtros/Web/Preparar para GIF..."
Boa observación. Estiven a mirar as traduccións nas outras linguas,
e ninguén os traduciu, así que déixaos en inglés.
>3.- Estes ficheiros son a última versión da páxina de Tarrio ¿hainos
>máis novos? se os hay poderiadelos poñer por ali ou mellor decirme se
>hai un lugar onde collelos sempre actualizados. E que me gustaria mandar
>os máis novos e telos actualizados a miudo porque parece que cambian
>bastante entre unha versión e outra. Por favor, se os poñedes a ver se
>me podedes decir que versión é. Despois de actualizalos e taducir o que
>falte mándovolos de contado.
Os que hai na páxina de Tarrío os puxen eu xa hai un mes. :-( É o
problema de ter que actualizalo por CVS. E o último mes estiven de
exames e xa se sabe...
Vou actualizalos agora outra vez. Creo que hai un sitio onde se
poden baixar sempre actualizados ó último día (e non ter que esperar a que
eu o faga). Agora non o lembro, tentarei buscalo.
>PD: Xuraria que se me esquece algo pero non sei o que é.
Vaia. :-)
--
_ _ _ _ _ Fidonet: 2:348/105.97
_| |_| _| |_| http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a [email protected]
poñendo "unsubscribe" na mesaxe