O Mon 3 Jul 2000 18:23:53 +0200, Francisco Xosé Vázquez Grandal escribía:
> -Crosshair (No programa non o atopei e non sei a que fai referecia, non
Un "crosshair" é a retícula esa dos puntos de mira telescópicos das
escopetas, fusís, e demáis armamento dese que lle gosta a Charlton Heston.
Nos programas, normalmente é que apareza unha liña vertical na columna da
pantalla na que está o punteiro do rato, e outra horizontal na fila
correspondente.
> -Convolve: é a ferramenta de difuminar e afiar (a da gota), traducin
> como convolucionar peroooo...
Si; a operación é a convolución, e parece que o verbo é convolucionar,
ainda que a min non me gusta nada (tanto como o de influencia->influenciar;
parece que xa desapareceu o verbo influir X-D).
> -Tile Cache
Mmmm, ¿caché de bloques?
> -Dodgeburn (Elude-queima)
Ui, isto é linguaxe fotográfica :-) Podes poñer sobreexposición -
subexposición, pero claro, logo andamos con que se é sobreexposición do
positivo (máis escura) ou do negativo (máis clara) :-)
Fai como che pareza máis intuitivo X-D.
--
Jacobo Tarrío Barreiro jtarrio@{iname.com,gpul.org,pulemil.com,ceu.fi.udc.es}
* Cum catapultae proscriptae erunt tum soli proscripti catapultas habebunt *
... 180 days left for the 21st century
--
Para sair desta lista, manda un mail a [email protected]
poñendo "unsubscribe" na mesaxe