O Sat 16 Sep 2000 13:16:57 +0200, Francisco Xosé Vázquez Grandal escribía:

> Kerning: Esta si que non teño nin idea. ¿Nucleando? X-D

 Kerning é un efecto tipográfico moi interesante :-) Por exemplo, nun
ordenador cada letra está rodeada por un rectángulo, e as letras póñense de
xeito que os respectivos rectángulos non se invaden. Facendo kerning, non se
fai tal cousa, senón que se colocan as letras procurando só que non se
toquen: así, por exemplo, se aparece "Wa", con kerning, parte do a aparece
debaixo da parte dereita do W (porque cabe) :-)

 Non sei como se chama isto en ningún idioma que non sexa o inglés, síntoo.

 Por certo, kern en inglés é o relevo da letra, no tipo.

-- 

   Tarrío                                          Fidonet: 2:348/105.93
(Compostela)

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a