O Sábado 02 de Decembro de 2000 ás 17:38, Jacobo dicía:
>> msgid "Settings"
>> msgstr "Opcións??"
>
> Na traducción de Gnome empréganse varios termos. Se cadra conviña
>uniformizalo... :-?
Si, alá por agosto do 99 cando traducín gnome-libs puxen
"parámetros". Porque é a única que non se usa para as outras palabras
relacionadas:
configuration -> configuración
options -> opcións
properties -> propiedades
preferences -> preferencias
settings -> ??? (se non é parámetros, podería ser opcións ou configuración)
O que pasa é que en inglés tampouco as poñen con demasiada
coerencia, así que... :D
>msgfmt -c -v --statistics -o /dev/null FICHEIRO
Por certo, o -c é para facer comprobacións de linguaxe, ¿non? (é
dicir, as posicións dos %s, %d... nas cadeas de C, por exemplo) Dígoo
porque a traducción da axuda do msgfmt está mal. O:)))
>> msgid "Let the computer know its name, function and network surroundings."
>> msgstr "Permitir ao computador coñecer o nome, función e redes
>> circundantes???"
Ufff, polo que parece é simplemente unha descrición dese grupo de
configuración. O que non me cadra é iso da "función", pero intúo que está
dentro do posesivo (é dicir, é a súa función)
..... coñecer o seu nome, a súa función e o ambiente/contorno de rede."
>> msgid "Existing:"
>> msgstr "Existente:???"
A dúbida é o xénero... Probablemente sexa "Existentes", pero iso
habería que velo co programa.
>> msgid "Change the alias' IP address or its corresponding names."
>> msgstr "Cambiar o enderezo IP do alias ou do seu nome canónico??"
>
> "Cambia-lo enderezo IP do alias ou os seus nomes correspondentes".
Si, pódese cambiar o enderezo ou o nome... Por certo, creo que aí
se podería usar "mudar".
"Mudar o enderezo IP do alias ou os seus nomes correspondentes."
>> msgid "Aliases"
>> msgstr "Aliases"
>
> En galego, o plural de alias é alias :-)
Iso xa non cho sei. :D
>> msgid "Gateway IP:"
>> msgstr "IP da Pasarela:"
>
> Mira que me soa mal o de pasarela, pero terei que roelo, supoño :D
É o problema de sempre. ¿Pasarela ou gateway? ¿Swap ou
Intercambio? ¿Firewall ou cortalumes/devasa?
>> msgid "Primary networking"
>> msgstr "Red primaria"
>
> "Configuración primaria da rede", creo que sería máis exacto. Pero se
>cadra, peor.
Ben, iso é o que aparece na pestana superior a modo de título. É
para a configuración do IP, da pasarela, da máscara, etc...
Logo ten un botón de "Avanzado", que imaxino que permitirá
configurar outras redes. O problema é que polo momento ese programiña está
en desenvolvemento...
>> msgid "Import"
>> msgstr "SF remoto??"
>
> Mmm... ¿sería axeitado traducir "Import" por "Importación"?
> Non, máis ben case que non.
Depende do caso. Como verbo si, como substantivo seica é pouco
claro...
>> msgid "Import Settings"
>> msgstr ""
>
> ¿"Propiedades dos SF remotos"?
Aquí por exemplo tampouco quedaría mal "Propiedades da Importación
de SF"...
>> msgid "Client pattern:"
>> msgstr ""
> ¿"Patrón para os clientes"?
Si, algo así. É un patrón (tipo *.gpul.org) para definir regras
para o NFS.
>> msgid "Change the user's password or options like its name."
>> msgstr "Cambiar o contrasinal do usuario ou outras opcións como o nome."
>
> ..."coma o seu nome".
Aí creo que é opcional. O;)))
Por certo, creo que tamén podería ser "mudar". :D
>> msgid " << Basic "
>> msgstr " << Basico??"
>
> " << Básica ", a configuración.
Iso vese tan ben co programa diante... ais... :D
>> "except for the first and last ones, which must be in the range of 1 to 254."
>> "agás para o primeiro e o último, que deben estar no rango de 0 a 254."
Mmmm, agora non sei se "rango" está admitida con ese significado...
Intervalo creo que é máis razoable
>> msgid "Password set to \"%s\"."
>> msgstr "Contrasinal posto a \"%s\"."
>
> Mmmm... ¿"estabrecido"?
En todo caso "establecido". ;)
>> msgid ""
>> "Please set a valid main group name, with only lower-case letters,\n"
>> "or select one from the pull-down menu."
>> msgstr ""
>> "Por favor, poña un nome de grupo valido, só en letras minúsculas,\n"
>> "ou seleccione un estirando o menu.????"
>
> "Por favor, escriba un nome de grupo válido, con só letras minúsculas,\n"
> "ou escolla un do menú colgante."
Logo está a versión reducida:
"Poña un nome de grupo válido, en letras minúsculas, ou seleccione un do "
"menú."
Eu creo que o "please" e o "only" sobran. E o pull-down creo que
non supón un problema para entendelo.
--
_ _ _ _ _ Fidonet: 2:348/105.97
_| |_| _| |_| http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a [email protected]
poñendo "unsubscribe" na mensaxe