O Venres 26 de Xaneiro de 2001 ás 21:52, Nuno dicía: >Boas:
Boas, woden. :) A túa mensaxe chegou un pouco estragada, imaxino que será polo webmail... > En primeiro lugar saudarvos a todos nesta miqa primeira mensaxe a >lista de TRASNO, e ofrecervos a miqa achega en todo o posible. Benvido, semellaba que desapareceras. ;) > En primeiro lugar, recomindovos botar unha ollada a unha paxina que >non ten desperdicio e concretamente a un comentario na mesma sobre a >informatica e o "galego" tirado do panfleto da caterva lusista Bonaval. Xa a coñecía, xa estivemos a comentala e a rir un pouco dela. É moi curiosa porque no primeiro parágrafo aparece destacado o de "castrapistas", coa referencia ó final da páxina, onde di claramente "Anhadido do MDL" (espectacular exemplo do "reintegracionismo ibérico", ou "como escrivir espanhol com a normativa portuguesa", similar á famosa "assambleia") Pregúntome canta xente mira esa páxina, porque é triste que ninguén o arranxe. :D >Almofadiqa / Alfombrilla / Tapete >Enlazar / Enlazamento Enlazar Ligar / Ligagco Vmnculo > > Ademais do evidente descoqecemento da lingua que presumen falar, >e a absurda, inocente e inztil demagoxia apresentada nesa paxina Si, hai unha chea desas palabras que non teñen coherencia ningunha. Por exemplo, duplas que existen tanto en castelán como en portugués, e que son usadas indistintamente sen que ninguén se alporice (sen embargo aquí son motivo de crítica) ordenador / computador arquivar-archivar / guardar disco duro / disco rígido placa base / placa mãe-madre Logo tamén demostran bastante ignorancia na tradición (?) léxica de Portugal e Brasil. P.ex: Largura de faixa -> é máis habitual largura de banda trilha -> semella que é brasileiro, en portugués ibérico sería faixa (palabra que, por certo, vén do castelán faja). Tamén existe pista. tela/ecrã -> curiosamente non fan a distinción: ecrã é maioritaria en portugués ibérico, e tela en brasileiro > Propoqo a creacisn dun diccionario de terminoloxma informatica con >todo o que conleva, significado do termo, pronuncia, etimoloxma, sinsnimos, >etc. O que temos feito aquí é un glosario inglés-galego, sen significado, e obviamente sen pronuncia e etimoloxía (polo menos ten sinónimos). ;) O problema é que o de facer o significado levaría unha cantidade de tempo enorme. Imaxino que habería que buscar outros glosarios doutras linguas para ter unha referencia... > Por zltimo comentar unha iniciativa que considero serma bo apoiar >desde as paxinas de TRASNO que i a de acadar un dominio de primeiro nivel >pra Galiza. Aconsillovos lexades a faq de vieiros s respecto, hai unha >ligazsn na paxina da que vos falo. >http://www.arnal.es/puntoga/ Eu estiven a piques de poñela, pero alguén díxome que non (}:P). Haberá que ver se se modifican os mini-banners. ;) -- Unha aperta, Jesús Bravo Álvarez http://www.pobox.com/~suso -- Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es poñendo "unsubscribe" na mensaxe