O Venres 09 de Marzo de 2001 ás 21:39, Francisco dicía:

>>         Lembrade que Gnome 1.4 vai saír en dúas ou tres semanas (en
>> principio), así que hai que ir actualizando as traduccións.
>Eu voulle ir dando ben ó Gimp, ainda que quero que conste que non é para
>que o señor De Icaza teña o seu Monadas Gnome (hui, perdon Ximian) todo
>bonitiño a tempo. É de coña éh que a min tanto me ten ( con tal de non
>ter que pagar ). :-D

        Pois o Gimp non sei se sairá con Gnome-1.4... :-m  Total, imaxino
que tardará un mes máis en saír como pasou coa versión 1.2. :D

>>         Como estou a facer unha revisión case-completa das traduccións para
>> Gnome 1.4, é un bo momento para pensar en mudar algunha palabriña.  Estou
>Asi da gusto, que persoa tan traballadora, comprometida, bla bla bla

        24x7, como di o Creque. :D

>> pensando en carpeta (folder) -> cartafol, e cartafol (clipboard) ->
>> portarretallos, como fan en galego21.  Realmente son palabras que non
>> abundan tanto como parece, e ademais o 95% delas están en traduccións
>> miñas, pero quero ver que opinades (e quen cala...) :P
>A min pareceme que soa ben, xa mirarei se hai algunha no gimp.

        Semella que non...

>>         Do mesmo xeito, se hai algunha expresión, menú, descrición, etc...
>> que non vos guste, dicídeo ou calade para sempre.  Por exemplo, cambiei a
>
>Pois agora que o dis... hai unha cousa, non sei quen a traduceu nin en
>que po está pero que non remata de cadrarme. Refirome ó aplique "luces
>do módem" cando lle das a conectar ou desconectar aparece: " ¿Deséxase
>conectar/desconectar?, eu de normas moito non entendo pero eso soame tan
>mal que algunha se ten que saltar, suxiro: "¿Desexa
>conectar/desconectar?". Agora ben, so é unha suxerencia. ;-)

        Xa o comentaramos, xa está cambiado. ;)

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a