O Tue, 10 Dec 2002 23:47:44 +0100
Santiago Garcia Mantinan <ma...@manty.net> escribeu:

> > ficheiros que se traducirian haberia que mandarchos a ti para que os
> > puxeras na máquina, modificaras a configuración, compilaras de novo
> > ou o que lle haxa que facer a eso para poder probar as traduccións;
> > ademais
> 
> Nada, con poñer os ficheiros no seu sitio xa estaría, non creo que
> faga falta relanzar nada nin nada polo estilo, así que básicamente
> cunha conta de ftp está todo arreglado.

A que te refires co ftp, ¿para que os suba eu dis?. Tampouco é un
problema se me dis onde ten que ir cada cousa. Explicate.
 
> > cres que hai algunha labor de coordinación que facer _dimo_ e
> > aceptoa(se non hai obxeccions por parte dos máis), pero sigo
> > pensando que o importante é o anterior ( aparte da traducción en si,
> > claro). A partires do venres poderia poñerme a traballar.
> 
> Ben, se credes que a única labor que hai que facer para coordinar e
> recoller as cousas e poñelas na máquina, iso podo facelo eu :-)

Non sei se será o único, pero é o máis importante. Na miña opinión o
método deberia ser algo asi:

-Os ficheiros txt pequenos (<500KBytes), poderia encargarse deles unha
soa persoa (se alguen non sabe html, pois ese).

-Os html e txt grandes míranse, escóllese e dise na lista, o primeiro en
collelos para el, se en dous dias non están listos quedan libres para
outro (:-D).

-No ficheiro pot teño dúbidas de se deberia facelo un so ou repartilo
entre varios. O ideal é que se encargara un so que pode ser choio abondo
pero entre varios seguramente aparecerian incongruencias.

-Se hai alguen que teña especiais coñecementos de galego (filologos,
traductores profesionais, etc) poderían colaborar revisando faltas de
ortografia e esas cousas facendo probas no mailman de manty segundo se
vaian subindo as traduccións. Haxa quen faga esto ou non, entre todos ó
final podemos facer un repaso.

-Entre todos practicamos co mailman e informamos na lista de
incongruencias nas traduccións para poñer as cousas en común. (exemplo:
thread = fio ou thread = temática). Esto creo que é importante e xa se
deberia ir comentando e consultando durante a traducción.

-E unha vez non aparezan incongruencias nin faltas de ortografia xa
estará a traducción feita (eu creo que de hoxe nun ano (léase duxunhano)
estará, secadra para mailman 2.2). :-P

Creo que é un método bastante autoxestionado.
 
> Se teño presa e porque se a mandamos antes de que saquen a versión
> definitiva e posible que entre, mentras que se xa está sacada pois só
> teremos unha versión non oficial, que está ben, pero non é o mesmo.

¿ ten que estar antes do 23 ?

 
> Ben, se non se apunta ninguén mais e cousa del, creo que podemos
> deixar de dar a bara na lista de trasno@ceu e seguir soamente na de
> trasno@listas, nembargantes, se alguén quere apuntarse todavía está a
> tempo, que nolo diga e listo.

En temas exclusivos da traducción vale, pero este que ainda é
metatraducción vai ben para as duas.

A ver se alguén di mu.

Saudos. 

PD: Vaites! que tocho soltei, como se nota que tiña que estar a estudiar
as reglas de Codd e outras conachadas. ;-)
-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@listas.trasno.net
http://listas.trasno.net/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a