Ola,
                                                                                
                                             
        Desculpas por non estar na conversa, tava em férias ;)

        En primeiro lugar, lamentablemente teño o mesmo problema que
Jacobo, é dicir, xa quedaron atrás as épocas en que tiña ducias de horas
mortas, e agora ando ben falto de tempo, ganas e enerxías.

        Sobre o que estivestes a falar estes últimos días, aquí van os meus
comentarios.

        Para empezar, dous conceptos básicos:

- O máis importante de coordinar a traducción de KDE (e de calquera outro
  proxecto) está no propio proxecto, non en Trasno. Quero dicir, o esencial
  é que o coordinador teña acceso ao CVS de KDE, e manteña alí en orde as
  traduccións (cousa que non se está a facer agora). Ao fin, son esas as
  traduccións que van facerse oficiais, non importa que a web de KDE en
  Trasno estea actualizada ou non, non importa mesmo que exista.

- Por extensión, o máis importante de Trasno non é a web, ou o CVS, ou os
  recursos físicos que poidan existir.  O máis importante é precisamente
  poder estar xuntos todos os que estamos a facer algo coa traducción do
  software libre ao galego, e poder colaborar xa que somos poucos, aínda
  que sexa só para ter unha base común de termos técnicos.

        O que quero dicir é que o tema dos recursos, o servidor web, cvs,
ftp, ou o que sexa, é algo secundario.  Xa sei que a páxina actualmente dá
unha pobre imaxe de abandono, pero penso que é máis grave que os usuarios
finais noten o abandono nas traduccións dos programas.

        Eu xa tiña pensado quitar na web as táboas enormes cos paquetes de
KDE e GNOME.  Teñen algunha vantaxe, pero os sistemas de actualización e
ter os repositorios duplicados ao final dan o dobre de traballo.  Quería
deixar simplemente como referencia principal as propias páxinas de
estatísticas de GNOME e KDE, que melloraron bastante nos últimos tempos:

        http://i18n.kde.org/stats/gui/HEAD/gl/

        http://developer.gnome.org/projects/gtp/status/gnome-2.2/gl/

        E o CVS quedaría como simple repositorio/histórico local para
comunicar os traductores cos coordinadores de maneira máis "eficiente" que
o correo electrónico.


        Do tema de recursos/web/etc... non digo máis, se iso xa o
falariamos máis adiante.  O tema da coordinación de KDE é máis sinxelo.
Propoñede un novo coordinador, e eu mándolle unha mensaxe ao tipo de i18n
de KDE, e nunhas horiñas debería ter conta no servidor CVS.  Eu explícolle
o que faga falta, se cadra mesmo podo quedar eu tamén coa conta do CVS para
mirar que todo vai ben.

        Veña, rapaces, xa me contaredes, moito ánimo!

-- 
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo "unsubscribe" na mensaxe

Responderlle a