> > > "Directory Autoplay Single Item" Tiñamos que asinar unha petición dirixida a KDE ;) para que inclúan, no caso de sintagmas nominais con máis de 2 modificadores, unha explicación detallada do que quere significar. Segundo o contexto ou o punto de vista, cada modificador pode actuar sobre outro modificador ou sobre o substantivo final, e a tradución, no caso do galego, non é unívoca, como no inglés (seguro que alguén con coñecementos non terá problemas na comprensión, pero eu si)
Quizabes sexa eu, ou lle pase a máis xente, pero estas frases non me resultan doadas de traducir. _______________________________________________ Trasno mailing list [email protected] http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

