"Backup CD"
"Facer copia de seguridade do CD"

        Isto depende de que "backup" sexa verbo ou adxectivo, terás que
miralo no código fonte ou no programa. Se é adxectivo, sería "CD de copia
de seguranza" (por certo, creo que coa nova norma é seguranza, non
seguridade, polo menos na tradución do Windows XP é así)

Non me din conta diso. Pero ¿os que traduciron o Windows XP seguiron a normativa? ¿Pode indicarme alguén onde atopar as diferencias entre a normativa antiga e maila actual (algo non moi extenso)?

"Directory Autoplay Single Item"

Hehe, esta é boa :D No código pon:
('DIRECTORY_AUTOPLAY_SINGLE_ITEM', _('Directory Autoplay Single Item'),
 _('Don\'t show directory if only one item exists and auto-select ' \
'the item.'), False),
        Sería algo así como "Reproducir automaticamente os elementos únicos
nos directorios" (moi longo, pero iso é o que significa) ;)

E "Reproducir automáticamente o elemento se só hai un no directorio" ???

        E o que di Xabi é totalmente certo, e non é problema de
comprensión, é que fóra de contexto hai cadeas con modificadores que non
hai quen entenda...

O da comprensión é o principal problema que temos, ademais das ganas de traballar. Ata logo.
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a