O Domingo 19 de Setembro de 2004 ás 21:56, Iván dicía:
>>"Show CD ripping status"
Eu traduciría "rip" como "extraer", e polo tanto "Mostrar o estado
de extracción do CD". Penso que se entende ben así.
>>"Backup CD"
>"Facer copia de seguridade do CD"
Isto depende de que "backup" sexa verbo ou adxectivo, terás que
miralo no código fonte ou no programa. Se é adxectivo, sería "CD de copia
de seguranza" (por certo, creo que coa nova norma é seguranza, non
seguridade, polo menos na tradución do Windows XP é así)
>>"playlist" (existe algunha traducción más curta que "lista de
>>reproducción"?)
Se tes problemas de espazo, o mellor é o que di unho de usar
"lista". De todos modos, tamén da nova norma, é "reprodución", sen duplicar
o 'c'.
>"Enqueue this music in playlist"
En galego non existen "cola" nin "encolar". Eu uso sempre "fila"
para traducir queue (e enfilar para enqueue)
>"[VUX] Next (rating down)"
Parece que se refire á valoración da canción, non? Como prefiras,
"valorar negativamente", "baixar a puntuación", "baixar a nota" (mmm, esta
última mellor non, que parece que fala de baixar o tono)
>"Force Skin Layout"
Xa o explicou ben Enrique, podería ser "Forzar a disposición do
skin" (non sei se estás a traducir skin). Máis explicativo sería "Forzar
a colocación dos elementos do skin" (creo que se refire a isto)
>"Directory Autoplay Single Item"
Hehe, esta é boa :D No código pon:
('DIRECTORY_AUTOPLAY_SINGLE_ITEM', _('Directory Autoplay Single Item'),
_('Don\'t show directory if only one item exists and auto-select ' \
'the item.'), False),
Sería algo así como "Reproducir automaticamente os elementos únicos
nos directorios" (moi longo, pero iso é o que significa) ;)
E o que di Xabi é totalmente certo, e non é problema de
comprensión, é que fóra de contexto hai cadeas con modificadores que non
hai quen entenda...
--
Unha aperta,
Jesús Bravo Álvarez
http://www.pobox.com/~suso
_______________________________________________
Trasno mailing list
[email protected]
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno