> Enviei un correo ó grupo de traducción de GNU informando de que a
> "Galician translation" da GPL non era "Galician" (ou polo menos
> non é o galego normativo de Galicia).
> Por favor, lede o correo de resposta (abaixo) e dicídeme,
> ¿que credes que é mellor? (Para evitar discusións posteriores)
> ¿non sería mellor "Galician from Galicia" ou algo así? De feito,
> a min non me gustaría nada o de Spanish Galician. Como xa comecei
> eu a conversa con Leandro sobre este tema, gustaríame seguir sendo
> eu o que lle diga qué facer finalmente, pero agardo as vosas propostas.



Non me acorda ter falado contigo deste tema.

Respecto da tradución da GPL, creo que van sacar unha nova versión e eu
ainda non rematei a tradución que comezara a facer a comezos deste ano.
Ademais enviaranme o enderezo doutra tradución anterior (non a de Ramón)
que estaba bastante ben feita, pero seguindo a normativa anterior.

Xa que comecei a falar do da documentación, con quen falo para enviar a
documentación que traducin eu. Agradecería unha resposta.

Ata logo.

_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a