Ola Xosé e todos,

> Unha proposta de actuación podería ser a seguinte:
> 
> Un becario de lingua (traducción, filoloxía ou algo así) que se
> encargase de reelaborar os glosarios existentes e o mantivese
> actualizado. Tamén podería elaborar unha base de datos coas traduccións
> feitas ou encargarse da actualización do ispell, por que me parece que
> non hai versión para os últimos cambios na normativa (correxídeme se me
> equivoco).

Termos un(s) becario(s) é a situación ideal, penso. Sen esquecer,
claro, a continuidade temporal para non caer en actuación illadas.

Ter un corrector ortográfico galego en GNU/Linux sería moi importante
telo. Disto realmente debería encargarse Política Lingüística e maila
Xunta pero aquí xa estou algo canso de petar e ... sen froitos polo
momento. Daí que termos unha axuda dun concello xa é algo bo, non?
 
> Un becario de informática. Conectaría ó traductor co "mundillo
> informático", axudandoo a comprender a que se refiren os términos, e
> podería contactar mellor cos distintos grupos que se encargan de
> traduccións (KDE, Gnome, Mandrake, Debian, OpenOffice, ....) que son os
> que mellor coñecen o que hai que facer para ter unha traducción
> "oficial" no seu contorno.

Ben estaría que fora de Trasno ;-)

> Un becario de comunicación, que se encargase de proxectar o traballo que
> se fai co software libre en galego, o que podería redundar, por exemplo
> na aparición de máis traductores voluntarios, ou  podería animar a
> outros concellos a da-lo seu apoio.
 
Seica o director de Política Lingüística xa foi sondeado e deu a súa
conformidade... pero: e os feitos?  De momento só resta insistir ata
ser pesado e haino que facer en moitas frontes: Xunta, Educación,
Mesa, Concellos ...

> A idea que eu poñería de fondo sería permitir a creación de grupos
> estables, e darlles apoio, co que se podería evitar o problema de que se
> unha persoa non pode continuar con unha traducción ese programa deixe de
> ter versións en galego.

Pois iso, tamén concordo contigo: continuidade é unha das variables
máis importantes.

Saúde!
-- 
Roberto Brenlla
www.agnix.org
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a