|
Ola: Gostaríame saber porque é recomendado buscar en lugar de procurar. Saudos a todos Jacobo Tarrio escribió: Semella que é o que está de moda, traducir o Firefox 1.5 ao galego.En http://jacobo.tarrio.org/Traduci%C3%B3n_de_Mozilla está a "beta 1" da miña tradución non oficial do Firefox 1.5 ao galego. É un ficheiro XPI instalable normal e corrente. Para o instalar, descargádeo e logo File -> Open file... Despois tedes que reiniciar o Firefox, e para que empregue a tradución galega tedes que o iniciar coa opción "-uilocale gl-ES". O de que poña "beta 1" non é porque isto da Web 2.0 estea de moda, senón porque quero que a xente o mire e, tanto se descobre problemas coma se non, mo indique así. E, a continuación, a FAQ da traducción de Firefox 1.5 de Jacobo Tarrío: P: ¿Que normativa empregas? R: A que emprego nesta mensaxe. P: ¿Que clase de normativa é esa? R: A que non me dá ganas de me sacar o corazón do peito coa axuda dun garfo de gallos tortos. P: ¿Non hai dous grupos xa a traballar nas traducións? R: Depende do que entendas por "haber", por "grupo" e por "traballar". Seica hai, pero un está a agardar non se sabe moi ben por que (se por outro grupo ou por Mozilla) e o outro anda con problemas de personalidade. P: ¿Por que a tradución de Jacobo Tarrío non é oficial? R: Porque facela oficial obrigaríame a me someter á burocracia e aos procedementos e aos caprichos de Mozilla, e iso xa foi un dos motivos polo que no 2004 deixei de traducir Mozilla, así que non ía ceder dous anos despois sen que houbera ningún cambio. P: ¡Minifundios! ¡Cada un polo seu lado! ¡Hai que colaborar máis! R: Traballa un pouco nisto e xa me dirás. |
_______________________________________________ Trasno mailing list [email protected] http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

