Estiven de vacacións durante a ponte por iso tardei tanto en contestar:

Noutros programas (ex. WinXP en galego) toman como tradución de proxy
a de servidor mandatario (coma no francés, serveur mandataire) no
canto de proxy, que é a que se emprega no castelán e no inglés.

E por que non? Todo o mundo usa a palabra proxy (ainda que non lle
diga nada) e supoño que case ninguén servidor mandatario. Por iso é
máis axeitado un có outro.

Teño visto que a xente emprega as palabras curtalumes e mesmo
cortafogos no canto de devasa e mesmo se lle falas de devasa teñen que
ir buscala ao dicionario porque non saben o que significa. Supoño que
o mesmo pasará coa palabra parceiro por peer... Penso que todos
empregamos máis a cotío peer que parceiro e firewall que devasa... a
vantaxe destas dúas é que existen en galego mentras que servidor
mandatario...

De tódolos xeitos non quero comezar un "flame" nin moito menos, así
que aceptarei de bo gusto o que se decida.

Saúdos
_______________________________________________
Trasno mailing list
tra...@ceu.fi.udc.es
http://ceu.fi.udc.es/cgi-bin/mailman/listinfo/trasno

Responderlle a