Eu estaba usando o gedit, pero moitas gracias polo teu consello, heino
probar. Tamén hei probar o de especificar a codificación nas páxinas
web. Xa vos contarei que tal me foi.

Ata logo,
               Leandro Regueiro

On 5/4/07, Felipe Gil Castiñeira <felipe...@gmail.com> wrote:
Nunca usei linuxdoc, pero teño tido problemas similares debido á
codificación que utiliza o editor de texto. É posible que o teu editor
utilice utf-8, e que linuxdoc non o identifique.... Eu probaría a
cambiar a codificación do editor a latin1 ou a outra (por exemplo, en
vim con ":set encoding=latin1"). Xa nos contarás.

Un saúdo.


Leandro Regueiro wrote:
> Non, non creo que ese sexa o meu caso. Uso Dapper. Creo mais ben que é
> cousa do linuxdoc, que non converte ben o documento sgml. Igual
> especificando a codificación nas páxinas web que crea se soluciona o
> erro. Heino probar na casa, pero se alguén ten algunha suxerencia que
> mo diga, por favor.
>
> Ata logo,
>                 Leandro Regueiro
>
> On 5/4/07, Dani Muñiz <d...@areoso.com> wrote:
>
>> Ola  a tod@s:
>>
>> Non sei se ten que ver, hoxe instalei o ubuntu festy 7.04 e cando
>> reconfigurei o modo grafico os acentos saían todos mal, parece un erro
>> de codificación.
>>
>> O comando lanzado foi: sudo dpkg-reconfigure xserver-xorg
>> tamén vin o uso de "nembargantes" que actualmente está descartado (na
>> RAG, refírome)
>>
>> Outra cousa tiven que cambiar as fontes dos repositorios de es a us xa
>> que nas es dallaba a descarga translation-gl.
>>
>> Saudos
>>
>> Leandro Regueiro escribiu:
>>
>>> Ola a todos,
>>> onte puxenme a traducir a documentación de Realtimebattle e cando
>>> levaba un pouco traducido deume por facer a conversión de formato a
>>> html para ver como quedaba. Resulta que non se pode usar o idioma
>>> galego e os tiles non aparecian como debian. Probei poñendo como
>>> idioma o castelán pero o problema persistia.
>>>
>>> ¿Alguén de vós tivo experiencia con linuxdoc ou sistemas semellantes
>>> como creo que son docbook ou debiandoc e me pode aconsellar?
>>>
>>> Moitas gracias,
>>>                           Leandro Regueiro
>>> N�����r��zǧvf���)��^r�.�˛���m�kj��net=
>>>
>> --
>> Remitente:
>> Daniel Muñiz Fontoira
>> Eu uso software libre [1]
>> [1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html
>>
>>
>>
>>
>>
>>


--
Ubuntu-l10n-gl mailing list
ubuntu-l10n...@lists.ubuntu.com
https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl

Responderlle a