O Venres, 4 de Maio de 2007 10:09, Leandro Regueiro escribiu:
> Ola a todos,
> onte puxenme a traducir a documentación de Realtimebattle e cando
> levaba un pouco traducido deume por facer a conversión de formato a
> html para ver como quedaba. Resulta que non se pode usar o idioma
> galego e os tiles non aparecian como debian. Probei poñendo como
> idioma o castelán pero o problema persistia.
>
> ¿Alguén de vós tivo experiencia con linuxdoc ou sistemas semellantes
> como creo que son docbook ou debiandoc e me pode aconsellar?
>
Descoñezo de que vai iso do linuxdoc, mais talvez a experiencia que temos co 
docbook poda serche de utilidade.

Hai varias cousas a ter en conta co docbook, a primeira é que a infraestrutura 
de conversión precisa dunha serie de ficheiros, que son os que indican cal é 
a tradución das cousas como <title> ou <chapter> ao galego. Nos ficheiros 
precisos están en docbook.sourceforge.net, mais non na galla estábel do 
repositório, aínda están en trunk.
Posibelmente o nome do idioma aínda estexa como "Gallegan" no canto 
de "Galician".
No caso de kde, deben porse onde estexa intalado kdesgmltools.

Posibelmente haxa cousas que non sexan correctas, dado que os ficheiros foron 
feitos a toda presa para poder obter algo da documentación de kde 
completamente en galego. A dicer verdade, porque me incordiaban os "Chapter 
1: Introduizón ao uso de kmymoney" na documentación do programa dos meus 
amores.

Outra, non pouco importante a codificación que se declara no cabezallo do(s) 
ficheiro(s) resultante(s): se mal non recordo debe ser posto como iso-8859-1 
no canto de utf-8, ou ao revés (non o sei porque ao compilar a documentación 
do kmm, é aplicada a orden "sed" automaticamente), e na medida do posíbel 
deben usarse entidades (&ntilde; no cando de escreber directamente ñ), mais 
isto depende do sistema que usases.
Lembro (creo) que isto foi  así no caso do kmymoney, no que non usei xml2po e 
piquei os ficheiros docbook a pelo, pero no caso dos ficheiros po da 
documentación de kde, usei o kbabel e a documentación (a que compila, <g><g>) 
é xerada correctamente, iirc. Descoñezo se o conxunto de guións xml2po; 
po2xml ou os seus wrappers (no cartafol scripts do repositorio l10n en kde), 
fan algún proceso adicional intencionadamente.

-- 
Best regards
MV
><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º>
Public key available at www.keyserver.net
GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE

Attachment: pgpGuVCGpMofn.pgp
Description: PGP signature

Responderlle a