Ola,
hai un anaco estiven revisando a wiki de Trasno e vin que non
especifica o que hai que poñer na cabeceira dos ficheiros .po no campo
"Language-Team:". Eu aquí poñíalle "Galician
<[email protected]>", pero igual agora hai que usar outro
enderezo máis actual, ou non?
Por outra banda aquí tedes unhas cantas dúbidas que atopei:
wildcard
time out (verbo)
redirect
thread
benchmark
Tamén vin que manage/manager poderíanse traducir coma
administrar/administrador, que vos parece?
Ata logo,
Leandro Regueiro