Spool é un acrónimo de Simultaneous Peripheral Operation On-Line. En galego sería algo así como Operacións Periféricas Simultáneas En-Liña. Traducirémolo por "opsel"?
Agora en serio, a verdade é que é difícil... o spooler é un sistema de xestión de colas para un dispositivo de saída. É quen almacena e xestiona os traballos dun dispositivo ocupado até que este quede liberado. Suxestións? Pois a ver... spool: xestor da cola to spool: enviar ao xestor de cola spool directory: directorio do xestor de cola Non me convence en absoluto... mvillarino wrote: > Teño a dúbida de como traducir "spool", iso que hai nos sistemas de > impresión, > e en particular "spool directory". > Lembro telo traducido en tempos como "escalonador", pero o volga indica que > esta palabra é incorrecta (dá graduador no canto). Tampouco me gosta a opción > de mancomún, deixalo como "spool" > > Suxestións?

