A min parecenme ben:
spool: xestor da cola
to spool: enviar ao xestor de cola
spool directory: directorio do xestor de cola
(Todo menos o de opsel)
Remitente:
Daniel Muñiz Fontoira
Eu uso software libre [1]
[1]http://www.gnu.org/philosophy/free-sw.gl.html
Félix Horro Pita escribiu:
Spool é un acrónimo de Simultaneous Peripheral Operation On-Line. En
galego sería algo así como Operacións Periféricas Simultáneas En-Liña.
Traducirémolo por "opsel"?
Agora en serio, a verdade é que é difícil... o spooler é un sistema de
xestión de colas para un dispositivo de saída. É quen almacena e
xestiona os traballos dun dispositivo ocupado até que este quede liberado.
Suxestións? Pois a ver...
spool: xestor da cola
to spool: enviar ao xestor de cola
spool directory: directorio do xestor de cola
Non me convence en absoluto...
mvillarino wrote:
Teño a dúbida de como traducir "spool", iso que hai nos sistemas de impresión,
e en particular "spool directory".
Lembro telo traducido en tempos como "escalonador", pero o volga indica que
esta palabra é incorrecta (dá graduador no canto). Tampouco me gosta a opción
de mancomún, deixalo como "spool"
Suxestións?