O Martes, 7 de Agosto de 2007 10:40, dmunhiz escribiu: > A min parecenme ben: > > spool: xestor da cola > to spool: enviar ao xestor de cola > spool directory: directorio do xestor de cola >
Vou usar: spool: fila (da impresora, polo xeral) spooler: xestor da fila spool directory: directorio de espera. Xustificacións: -fila no canto de cola: segundo o dicionario en liña da xunta, cola é sinónimo de fila co significado de "Serie de persoas situadas unha detrás doutra agardando a súa vez para facer algo", no entanto o dicionario Estraviz non recolle esta definición para cola, si para fila. Por ende, escollo fila. -xestor: o dicionario en liña da xunta recolle xestor como ± sinónimo de administrador, mais non de xerente. No Estraviz é todo o mesmo. Entre xestor ou administrador, escollo xestor para evitar confusións con "root". -directorio: tento a usar sempre "cartafol" cando se refere a un directorio que probabelmente se examine através do xestor de ficheiros, no entanto, nos tres anos que hai que deixei gnome para usar kde, nunca tiven que pelexarme cun "spool directory", co cal supoño que non é algo frecuente. Deixo a forma "de consola". -- Best regards MV ><((((º> ¸.·´¯`·... ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> ¸.·´¯`·...¸ ><((((º> Public key available at www.keyserver.net GPG Fingerprint: 8116 899E 61FD D983 AF80 FEDE 1CD8 1C9A 4B81 73AE
pgpJzLIaPZ1Z8.pgp
Description: PGP signature

