Eu discrepo co de fila, xa que aínda que sinónimos, penso que se entende mellor cola. "Non collín as entradas porque había moita cola". Fronte a: "Non collín as entradas porque había unha fila moi longa".
Pois iso, que coido que se ten asumido que cola é unha ringleira de persoas agardando en orde. Pero o tradutor es ti... mvillarino wrote: > O Martes, 7 de Agosto de 2007 10:40, dmunhiz escribiu: >> A min parecenme ben: >> >> spool: xestor da cola >> to spool: enviar ao xestor de cola >> spool directory: directorio do xestor de cola >> > > Vou usar: > > spool: fila (da impresora, polo xeral) > spooler: xestor da fila > spool directory: directorio de espera. > > Xustificacións: > > -fila no canto de cola: segundo o dicionario en liña da xunta, cola é > sinónimo > de fila co significado de "Serie de persoas situadas unha detrás doutra > agardando a súa vez para facer algo", no entanto o dicionario Estraviz non > recolle esta definición para cola, si para fila. Por ende, escollo fila. > > -xestor: o dicionario en liña da xunta recolle xestor como ± sinónimo de > administrador, mais non de xerente. No Estraviz é todo o mesmo. Entre xestor > ou administrador, escollo xestor para evitar confusións con "root". > > -directorio: tento a usar sempre "cartafol" cando se refere a un directorio > que probabelmente se examine através do xestor de ficheiros, no entanto, nos > tres anos que hai que deixei gnome para usar kde, nunca tiven que pelexarme > cun "spool directory", co cal supoño que non é algo frecuente. Deixo a > forma "de consola". >

