Home, non che sei eu... No padrón observador (según o GOF) os participantes son: Subject, Observer, ConcreteSubject e ConcreteObserver. Ningún deles é slot, polo que eu non traduciría slot como observador. É dicir, penso que o slot xoga o rol de observador ao aplicar o padrón, pero slot non significa observador.
Respecto ao de rañura... estou de acordo con Miguel, penso que fenda ou fendedura pode ser unha boa tradución. Saúdos. mvillarino wrote: > Na actualidade, "slot" figura no glosario como: > > slot > 1. n.f. rañura > 2. n.m. oco > > non aparece no de mancomún. > > Acho que estas traducións son incompletas para un caso concreto: o mecanismo > de sinais e "slots" de Qt. Este é un caso -xeralizado- dun certo padrón de > deseño: http://en.wikipedia.org/wiki/Observer_pattern > En outras bibliotecas que implementan este padrón dun xeito serio para o seu > uso en aplicacións, como boost.org, os observadores son > denominados "delegados". > Que tal engadir dúas novas opcións á entrada de "slot": > > 3. n.m. (programación) slot > 4. n.m (programación) observador, ouvinte, delegado. >

