^,^!! Vaia, aleghrame saber que fédora está traducida ó 100%!!. Cando saiu 
a sulphur (non?) mirara e non estaba completa.

No resto, completamente d'acordo. Trasno non é visible: hai que pensar en 
'reconvertelo' para facelo máis explicativo do que é e máis visible na 
'web', e isto competelle a quen leva o domino etc, entendo. i.e, na wiki 
poñer que trasno é un 'grupo de tradutores ó galego de software libre' ou 
renovar a páxina e facela máis atractiva.... Tm, Non estaría mal abrir 
contas/grupos de 'trasno' en redes sociais etc coma facebook, myspaces ou 
similares e aproveitalas. 

 Logo, montar unha asociación é 'sinxelo' (regul. en LEY ORGÁNICA 1/2002, 
de 22 de marzo,reguladora del Derecho de Asociación. BOE, e a lei autonómica 
subsidiaria desta que ten que estar no DOGA); se na asociación non hai cartos 
os tramites a realizar son mínimos (definir uns estatutos, o presidente da 
asociación, o tesoureiro e notificaclo). Mais alá diso; eu creo que 
espontáneamente deberíamos ir plantexando facer charlas en universidades e 
asociacións de linux... segundo poideramos. Digo nas univ. porque véxoas 
como unha canteira importante (que levante a man de entre nós o que non 
estea/pasara por unha facultade na súa vida). 



> Foi algo do que se falou na xuntanza g11n. O proxecto Trasno non é
> visible. Moitos tradutores e non tradutores sorpréndense ó saber que
> xa case leva 10 anos existindo e proporcionando traducións ó galego de
> moito software libre. Así que teremos que facer publicidade para
> facernos notar, organizar algún evento de tradución, xuntanzas
> periódicas, montar unha asociación, poñer anuncios pola web, etc...
>
> Ata logo,
>                   Leandro Regueiro


Responderlle a