2008/6/6 Adrián Chaves <adriyeticha...@gmail.com>:
> Iso da asociación fáiseme raro. Non sei, con que Trasno tivese o eco na
> comunidade galega que pode ter Ubuntu-es... (xa sei qu é unha
> comparación un tanto sen sentido). De todos xeitoa, sabe algún de
> equivalentes ao Proxecto pero noutras linguas (sociedades de tradutores
> inglesas, francesas...)?

Levanto a man tamén.

De onde sacaches ti que Fedora estea ó 100%??????????? Non hai
ningunha distro, ningunha, que estea máis aló do 95%. A que máis se
achega é Mandriva, se mal non lembro, cun 94%. Como de Ubuntu non hai
información fiable non falo dela...

Polo que vin ata agora noutros idiomas normalmente o proxecto é por
programa ou ambiente de escritorio. Os tradutores de SL ó galego
conseguimos xuntarnos todos nun proxecto de proxectos de tradución que
se chama Trasno, o que ten o seu mérito, ainda que cada dous por tres
se atopa a tradutores que van creando proxectos paralelos ós nosos, ou
que crean ou reviven outros e despois non se unen a nós por
descoñecemento ou directamente porque non queren saber nada de nós.

Respecto do de realizar actos nas universidades estou de acordo, ainda
que seguro que a responsabilidade recairá nos trasnegos estudantes,
entre os que estou, e a min nunca me fixo gracia ter que organizar
cousas destas, pero se somos varios seguro que consigo sacar ganas de
onde non as teño. En principio aquí na UDC poderiamos intentar
solicitar apoio dalgún xeito á xente do GPUL, xa que temos a Tsao que
é membro...

Ata logo,
                     Leandro Regueiro

> O Ven, 06-06-2008 ás 19:50 +0200, Miguel Branco escribiu:
>> ^,^!! Vaia, aleghrame saber que fédora está traducida ó 100%!!. Cando
>> saiu a sulphur (non?) mirara e non estaba completa.
>>
>> No resto, completamente d'acordo. Trasno non é visible: hai que pensar
>> en 'reconvertelo' para facelo máis explicativo do que é e máis visible
>> na 'web', e isto competelle a quen leva o domino etc, entendo. i.e, na
>> wiki poñer que trasno é un 'grupo de tradutores ó galego de software
>> libre' ou renovar a páxina e facela máis atractiva.... Tm, Non estaría
>> mal abrir contas/grupos de 'trasno' en redes sociais etc coma
>> facebook, myspaces ou similares e aproveitalas.
>>
>> Logo, montar unha asociación é 'sinxelo' (regul. en LEY ORGÁNICA
>> 1/2002, de 22 de marzo,reguladora del Derecho de Asociación. BOE, e a
>> lei autonómica subsidiaria desta que ten que estar no DOGA); se na
>> asociación non hai cartos os tramites a realizar son mínimos (definir
>> uns estatutos, o presidente da asociación, o tesoureiro e
>> notificaclo). Mais alá diso; eu creo que espontáneamente deberíamos ir
>> plantexando facer charlas en universidades e asociacións de linux...
>> segundo poideramos. Digo nas univ. porque véxoas como unha canteira
>> importante (que levante a man de entre nós o que non estea/pasara por
>> unha facultade na súa vida).
>
> [Levanto a man] :-D
>
>>
>> > Foi algo do que se falou na xuntanza g11n. O proxecto Trasno non é
>>
>> > visible. Moitos tradutores e non tradutores sorpréndense ó saber que
>>
>> > xa case leva 10 anos existindo e proporcionando traducións ó galego
>> de
>>
>> > moito software libre. Así que teremos que facer publicidade para
>>
>> > facernos notar, organizar algún evento de tradución, xuntanzas
>>
>> > periódicas, montar unha asociación, poñer anuncios pola web, etc...
>>
>> >
>>
>> > Ata logo,
>>
>> > Leandro Regueiro
>>
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a