2008/6/6 Adrián Chaves <adriyeticha...@gmail.com>:
> O Ven, 06-06-2008 ás 15:52 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
>> Ola,
>> remexendo na Internet acabo de ver que outra persoa retomou a
>> tradución de Fedora. Alguén sabía disto? Inviteino a que se incorpore
>> a Trasno. A ver en que da a cousa. Máis información en
>> http://translate.fedoraproject.org/teams/gl
>>
>> Imos ter que pensar en serio no tema da visibilidade de Trasno.
>>
>> Ata logo,
>>                    Leandro Regueiro
>
> Seguro que foi algún que deixou a familia Debian tras do "pequeno"
> problemiña de seguridade :-)
>
> A que te refires co da visibilidade de Trasno? Facer publicidade,
> propaganda, ou algo así?
>
> Un saúdo!
>                Adrián Chaves

Foi algo do que se falou na xuntanza g11n. O proxecto Trasno non é
visible. Moitos tradutores e non tradutores sorpréndense ó saber que
xa case leva 10 anos existindo e proporcionando traducións ó galego de
moito software libre. Así que teremos que facer publicidade para
facernos notar, organizar algún evento de tradución, xuntanzas
periódicas, montar unha asociación, poñer anuncios pola web, etc...

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a