Olá Daniel, desta vez hai unhas cousas nas que non estou de acordo coa túa opinión >> É que se non o facemos así, estaremos cada dous por tres >> cambiando termos sen unha visión global das cousas. Na miña experiencia, é ao contrario: se non se definen os termos con anterioridade ou cando menos concomitantemente, é cando máis inconsistencias van ir aparecendo, en particular cando hai varios actantes a traballar en distintos ficheiros po.
>> Totalmente dacordo; mais debo insistir en que o consenso debemos buscalo >> no enfoque global, non en cada un dos termos. O consenso sobre os termos >> deberemos buscalo cando o consenso global non sirva. E se cadra temos >> que este é un deses casos, non o sei. Para sabelo teremos que agardar a >> obter esa 'visión global' do produto. Creo que isto debería ser asumibel >> non? Non entendo isto de diferenciar entre global e particular para un vocábulo. Dacordo en que un produto, neste caso unha suite de internet, está ou non traducido dun xeito consistente pero se un termo é correcto ou non para referirse a un conceito ou se pode dar confusións é unha cousa concreta dese termo, non de Mozilla neste caso. > Hai outras como fiestra, xanela, ventá que xa son cuestión de gusto (penso eu) Para min non o son, no seu momento mudei de xanela para fiestra por unha cuestión de atallos de teclado, con "xanela", o "a" e o "e" adoitan estar pillados para abrir e editar, o "n" para criar ficheiros novos, o xis para a axuda, e o ele non me gustaba (fica moi lonxe do comezo da palabra, así que pasei a usar fiestra, que era a outra grande opción daquela. Que vaia ben!

