suso.bale...@xunta.es escribiu:
damufo escrebeu:
Estou dacordo con Javi, os atallos é mellor adaptalos ao galego. Sería bo ir facendo unha guía dos máis frecuentes para que todos usemos os mesmos.


Ah, vale, non vira a túa mensaxe. Acabo de escribir a Trasno polo mesmo.
Dámolo entón por resolto así?


Outra cousa que xa o comentei en trasno, a tradución de separador penso que non é acertada, pois pode levar a confusión coa liña vertical por exemplo, que separa os marcadores, e que permite redimensionar ao largo. A isto é ao que se lle soe chamar separador. Por iso pensamos que se devería usar outra, a proposta de trasno é lingüeta. De feito é a tradución que teño no meu firefox 2.

Xa, pero é que eiquí entramos no que comentaba na lista de Trasno agora.
Eu penso que non deberíamos involvernos no tema terminolóxico até que
non obteñamos o material lingüístico todo que se xenere (po, tmx,
glosario, criterios, estilos... o que sexa) para valoralo no seu
conxunto. É que se non o facemos así, estaremos cada dous por tres
cambiando termos sen unha visión global das cousas. E imaxina que de
repente veñen os do Termigal e din unha cousa, e os do SLN outra, e
Trasno outra, e Mancomún outra... eu pedinlle á empresa unha solución
global; creo que é esa solución ou producto global na parte lingüística
o que temos que valorar, non iste termo concreto ou aqueloutro.

Penso que esta é unha das cousas das que se debería atopar consenso.

Totalmente dacordo; mais debo insistir en que o consenso debemos buscalo
no enfoque global, non en cada un dos termos. O consenso sobre os termos
deberemos buscalo cando o consenso global non sirva. E se cadra temos
que este é un deses casos, non o sei. Para sabelo teremos que agardar a
obter esa 'visión global' do produto. Creo que isto debería ser asumibel
non?

Pois penso que sería bo que a empresa estea en contacto cos tradutores, disto falouse no g11n, e escoitar e atender estas cuestións, que non acatalas, pois os profesionais son eles, entendo que será un equipo multidisciplicar con informáticos que poden aclarar estas cousas aos lingüistas. Se estas cuestións non se resolven agora, moito menos despois de que sexa lanzada a tradución. Hai outras como fiestra, xanela, ventá que xa son cuestión de gusto (penso eu) pero neste caso é ben diferente, penso que practicamente (e esta é unha opinión) toda a comunidade de tradutores está de acordo que neste caso separador non é unha tradución acertada, outra cousa é cal é a alternativa, xa que hai varias, e esta a que penso que é a que ten que fornecer a empresa que se encarga do tema. Penso que esa empresa debería estar nesta listaxe (ou rolda? non sei moi ben cal é o termo máis acertado).

Saúdos


Saúdos


Frco. Javier Rial escribiu:
A miña opinión é que se deben adaptar ao galego, en todas as aplicacións que se traduciron en mancomún así se fixo.

Ademais, queda bastante feo coa tecla dos accesskeys entre parénteses.

suso.bale...@xunta.es escribiu:
Boas,

Supoño que estaredes seguindo o fío do Bugzilla.

Gustaríame saber se temos consenso no que se refire aos keystrokes
(uséase, manter os do programa orixinal ou adaptalos ao galego) ou cómo
está a cousa.

Saúdos,

damufo escrebeu:
Primeiro grazas por facer o paquete.
No ubuntu ao instalar o paquete de idioma xa o recoñece perfectamente, non hai que facer nada.
Se

Frco. Javier Rial escribiu:
Ola a todos:

Acabo de crear o paquete de idioma do Firefox 3 en galego coa tradución enviada onte a esta lista
por Suso.

O código de idioma usado para a tradución foi o "gl".

Se a alguén despois de instalar a extensión non lle arrinca o Firefox 3 en galego (depende do idioma do sistema operativo) terá que engadir este parámetro á execución do Firefox:

-uilocale gl

Agora si, o paquete foi testado en Firefox 3 RC 3 que saíu apenas onte:

http://www.mozilla.com/en-US/firefox/all-rc.html

O paquete de idioma vai anexo neste correo e supoño que pola configuración da lista lle cambiará a extensión. Para evitar iso, gardades o anexo e cambiádelle a extensión a .xpi. Con iso xa poderedes instalalo arrastrando o
ficheiro .xpi a unha ventá de Firefox 3.

Esperamos informes de erros e problemas detectados.

Pola miña parte aí van os primeiros a simple vista:

-Están mal a maioría de accesskeys da aplicación (esas letras entre parénteses ao lado dos textos)
-A ventá de escoller idioma non ten o tamaño axeitado
-en vez de Configuración pon "Cofiguración" en varias opcións da aplicación
-A ventá de "Configuración da conexión" non ten o tamaño axeitado para a súa correcta visualización -Pon Minefield en lugar de Firefox (igual estaba nas directrices que deu Axel, de que polo de agora eso non se traducira, non estou seguro)


------------------------------------------------------------------------

_______________________________________________
Galician mailing list
galic...@mozdev.org
https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
_______________________________________________
Galician mailing list
galic...@mozdev.org
https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

_______________________________________________
Galician mailing list
galic...@mozdev.org
https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

Responderlle a