Escribo porque en diversos fíos de diferentes listas dá a sensación de que
se fan alusións para que se manifesten filólogos, lingüistas...
Eu son filólogo e descoñezo se hai máis nestas listas, por iso é que vou
escribir unhas liñas que, en realidade, non queren dicir nada.
Unha vez máis debo recoñecer que levo moi pouco tempo na lista (na de
Trasno) e debo dicir que cada vez me sorprende máis a calidade lingüística
dos comentarios. En serio.
As solucións son o imperio do sentido común e hai mensaxes nos fíos de
auténtico "chapó" (respecto ao de lingüeta lembro algunha, se queredes
búscoa, que diferenciaba cando se refería ao cadro para separala e cando se
refería á paxina enteira).
Entendo perfectamente as mensaxes de Marce, a necesidade de respostas e
solucións (e ademais rápidas, urxentes) para cuestións de lingua que van un
pouco alén do voluntarismo: cando xurdiu o termo *touchpad *na lista,
crédeme que por interese busquei un pouco termos coma* pad, keypad, joypad*
...* pavé tactile...*, non lle puiden dedicar máis tempo e non escribín unha
liña sequera porque non é tan fácil decidir. Poño un exemplo (
http://www.confluencias.net/n3/dias.pdf), noutro ámbito, deste dificultade.
Penso que calquera proposta é benvida e se non é acaída pois haberá que
revisala.  [Se cadra vou abusar un pouco do meu descoñecemento de anteriores
debates na lista, pero...] non vexo a necesidade de que prime sempre unha
solución sobre outras posibles, porque a convivencia de dous termos pode
enriquecer, especializar... E se un termo se asume como recomendado, pos
iso, é unha recomendación. E se hai que debatelo, melloralo, revisalo...
haberá que esperar a dispor da tradución. Neste sentido, entendo que hai que
oír sempre @s produt@res da tradución. A tradución xa é sempre un
posicionamento terminolóxico e niso quen xa traduciu xa andou máis ca
ninguén (a primeira vez que instalei unha distribución, xa me decatei). O
que me parece un pouco innecesario é querer confundir este tipo de solucións
posibles con solucións imposibles. Hai exemplos polas listas que queren
referirse á terminoloxía coma un non se sabe que opción entre acerca de /
sobre de. Un debate acerca de localización / un debate sobre *de
localización / un debate sobre localización. A locución prepositiva acerca
de é semanticamente idéntica á preposición sobre (que non de sobre de, que é
unha aberración) e usar unha outra parece simplemente unha cuestión de
estilo, pero tratar de que sucumba calquera tratamento lingüístico porque
nos veñan enriba os que queren prescribir sobre de resulta un tanto... non
sei. Un secuencia cun sobre de vai producir un estrañamento en quen o lea
que pode derivar na liña de que non lle satisfaga a tradución, de que a
localización non se entende..., que serían nefastos.
Este tipo de estrañamentos xunto con outros ortográficos, morfosintácticos,
de rexistro, de interferencias lingüísticas... pouco debate requiren e si de
máis criterio lingüístico, guía de estilo...
E, na miña opinión, son os que precisarían dunha intervención máis urxente.
Creo que cada elemento alleo a estrutura da lingua que se mellore, vai
reforzar o orgullo do traballo voluntario e orgullo lingüístico
d@destinatari@final.
Aproveito para pedirvos se sabedes doutro sitio de descarga do paquete do
firefox porque no enlace que hai polas listas eu non o atopo.
Prometérame a min mesmo non escribir na lista ata que acabase a tradución da
terminoloxía Pootle coa que me comprometín (e aínda non comecei, dádeme uns
días), pero un pouco por alusións...

Responderlle a