Se vas a esta direción: http://www.mozdev.org/pipermail/galician/2008-June/000350.html
telo como adxunto ó final da mensaxe. Iso sí, terás que cambiarlle a extensión a .xpi e arrastralo sobre o firefox/iceweasel El 14/06/08, Miguel Solla <[email protected]> escribió: > Escribo porque en diversos fíos de diferentes listas dá a sensación de que > se fan alusións para que se manifesten filólogos, lingüistas... > Eu son filólogo e descoñezo se hai máis nestas listas, por iso é que vou > escribir unhas liñas que, en realidade, non queren dicir nada. > Unha vez máis debo recoñecer que levo moi pouco tempo na lista (na de > Trasno) e debo dicir que cada vez me sorprende máis a calidade lingüística > dos comentarios. En serio. > As solucións son o imperio do sentido común e hai mensaxes nos fíos de > auténtico "chapó" (respecto ao de lingüeta lembro algunha, se queredes > búscoa, que diferenciaba cando se refería ao cadro para separala e cando se > refería á paxina enteira). > Entendo perfectamente as mensaxes de Marce, a necesidade de respostas e > solucións (e ademais rápidas, urxentes) para cuestións de lingua que van un > pouco alén do voluntarismo: cando xurdiu o termo *touchpad *na lista, > crédeme que por interese busquei un pouco termos coma* pad, keypad, joypad* > ...* pavé tactile...*, non lle puiden dedicar máis tempo e non escribín unha > liña sequera porque non é tan fácil decidir. Poño un exemplo ( > http://www.confluencias.net/n3/dias.pdf), noutro ámbito, deste dificultade. > Penso que calquera proposta é benvida e se non é acaída pois haberá que > revisala. [Se cadra vou abusar un pouco do meu descoñecemento de anteriores > debates na lista, pero...] non vexo a necesidade de que prime sempre unha > solución sobre outras posibles, porque a convivencia de dous termos pode > enriquecer, especializar... E se un termo se asume como recomendado, pos > iso, é unha recomendación. E se hai que debatelo, melloralo, revisalo... > haberá que esperar a dispor da tradución. Neste sentido, entendo que hai que > oír sempre @s produt@res da tradución. A tradución xa é sempre un > posicionamento terminolóxico e niso quen xa traduciu xa andou máis ca > ninguén (a primeira vez que instalei unha distribución, xa me decatei). O > que me parece un pouco innecesario é querer confundir este tipo de solucións > posibles con solucións imposibles. Hai exemplos polas listas que queren > referirse á terminoloxía coma un non se sabe que opción entre acerca de / > sobre de. Un debate acerca de localización / un debate sobre *de > localización / un debate sobre localización. A locución prepositiva acerca > de é semanticamente idéntica á preposición sobre (que non de sobre de, que é > unha aberración) e usar unha outra parece simplemente unha cuestión de > estilo, pero tratar de que sucumba calquera tratamento lingüístico porque > nos veñan enriba os que queren prescribir sobre de resulta un tanto... non > sei. Un secuencia cun sobre de vai producir un estrañamento en quen o lea > que pode derivar na liña de que non lle satisfaga a tradución, de que a > localización non se entende..., que serían nefastos. > Este tipo de estrañamentos xunto con outros ortográficos, morfosintácticos, > de rexistro, de interferencias lingüísticas... pouco debate requiren e si de > máis criterio lingüístico, guía de estilo... > E, na miña opinión, son os que precisarían dunha intervención máis urxente. > Creo que cada elemento alleo a estrutura da lingua que se mellore, vai > reforzar o orgullo do traballo voluntario e orgullo lingüístico > d@destinatari@final. > Aproveito para pedirvos se sabedes doutro sitio de descarga do paquete do > firefox porque no enlace que hai polas listas eu non o atopo. > Prometérame a min mesmo non escribir na lista ata que acabase a tradución da > terminoloxía Pootle coa que me comprometín (e aínda non comecei, dádeme uns > días), pero un pouco por alusións... > -- Xabier Villar

