Grazas Xabier, xa teño firefox en galego. El día 15 de junio de 2008 1:38, Xabier Villar <[email protected]> escribió:
> Se vas a esta direción: > > http://www.mozdev.org/pipermail/galician/2008-June/000350.html > > telo como adxunto ó final da mensaxe. Iso sí, terás que cambiarlle a > extensión a .xpi e arrastralo sobre o firefox/iceweasel > > El 14/06/08, Miguel Solla <[email protected]> escribió: > > Escribo porque en diversos fíos de diferentes listas dá a sensación de > que > > se fan alusións para que se manifesten filólogos, lingüistas... > > Eu son filólogo e descoñezo se hai máis nestas listas, por iso é que vou > > escribir unhas liñas que, en realidade, non queren dicir nada. > > Unha vez máis debo recoñecer que levo moi pouco tempo na lista (na de > > Trasno) e debo dicir que cada vez me sorprende máis a calidade > lingüística > > dos comentarios. En serio. > > As solucións son o imperio do sentido común e hai mensaxes nos fíos de > > auténtico "chapó" (respecto ao de lingüeta lembro algunha, se queredes > > búscoa, que diferenciaba cando se refería ao cadro para separala e cando > se > > refería á paxina enteira). > > Entendo perfectamente as mensaxes de Marce, a necesidade de respostas e > > solucións (e ademais rápidas, urxentes) para cuestións de lingua que van > un > > pouco alén do voluntarismo: cando xurdiu o termo *touchpad *na lista, > > crédeme que por interese busquei un pouco termos coma* pad, keypad, > joypad* > > ...* pavé tactile...*, non lle puiden dedicar máis tempo e non escribín > unha > > liña sequera porque non é tan fácil decidir. Poño un exemplo ( > > http://www.confluencias.net/n3/dias.pdf), noutro ámbito, deste > dificultade. > > Penso que calquera proposta é benvida e se non é acaída pois haberá que > > revisala. [Se cadra vou abusar un pouco do meu descoñecemento de > anteriores > > debates na lista, pero...] non vexo a necesidade de que prime sempre unha > > solución sobre outras posibles, porque a convivencia de dous termos pode > > enriquecer, especializar... E se un termo se asume como recomendado, pos > > iso, é unha recomendación. E se hai que debatelo, melloralo, revisalo... > > haberá que esperar a dispor da tradución. Neste sentido, entendo que hai > que > > oír sempre @s produt@res da tradución. A tradución xa é sempre un > > posicionamento terminolóxico e niso quen xa traduciu xa andou máis ca > > ninguén (a primeira vez que instalei unha distribución, xa me decatei). O > > que me parece un pouco innecesario é querer confundir este tipo de > solucións > > posibles con solucións imposibles. Hai exemplos polas listas que queren > > referirse á terminoloxía coma un non se sabe que opción entre acerca de / > > sobre de. Un debate acerca de localización / un debate sobre *de > > localización / un debate sobre localización. A locución prepositiva > acerca > > de é semanticamente idéntica á preposición sobre (que non de sobre de, > que é > > unha aberración) e usar unha outra parece simplemente unha cuestión de > > estilo, pero tratar de que sucumba calquera tratamento lingüístico porque > > nos veñan enriba os que queren prescribir sobre de resulta un tanto... > non > > sei. Un secuencia cun sobre de vai producir un estrañamento en quen o lea > > que pode derivar na liña de que non lle satisfaga a tradución, de que a > > localización non se entende..., que serían nefastos. > > Este tipo de estrañamentos xunto con outros ortográficos, > morfosintácticos, > > de rexistro, de interferencias lingüísticas... pouco debate requiren e si > de > > máis criterio lingüístico, guía de estilo... > > E, na miña opinión, son os que precisarían dunha intervención máis > urxente. > > Creo que cada elemento alleo a estrutura da lingua que se mellore, vai > > reforzar o orgullo do traballo voluntario e orgullo lingüístico > > d@destinatari@final. > > Aproveito para pedirvos se sabedes doutro sitio de descarga do paquete do > > firefox porque no enlace que hai polas listas eu non o atopo. > > Prometérame a min mesmo non escribir na lista ata que acabase a tradución > da > > terminoloxía Pootle coa que me comprometín (e aínda non comecei, dádeme > uns > > días), pero un pouco por alusións... > > > > > -- > > Xabier Villar >

