O Dom, 27-07-2008 ás 18:07 +0200, Miguel Branco escribiu:
> Olá a todos, 
> 
> Non sei se recordades que comentara o do "Diario de
> Carballo" (http://diariodecarballo.wordpress.com/), que é que a raíz
> do evento de Dinamización LInguistica ó que nos invitaron me pediran
> que escribira algo para esa web explicando o da tradución.... Antes de
> que llo mande a Soraya, a rapaza que leva isto, envíoo aquí a ver que
> vos parece. Admito críticas contructivas e (algunhas)
> destructivas, :) 
> 
> Tamén lle hei comentar o de que alguén escriba algo máis
> complementando este artigo, a ver que lle parece e que me di. 
> 
> ...............................................................................................................................................
> 
> As illas Feroes, literalmente, as illas das ovellas, non son máis ca
> un pequeno e caprichoso arquipélago basáltico asentado no bravo Mar de
> Noruega. Mais, e ben o explicou Charles Darwin, as illas son
> habitualmente ricas paraxes cheas de peculiaridades naturais. En canto
> á súa xente, si, tamén son peculiares. As illas Feroes son unha
> provincia autónoma da Coroa Danesa na que viven cincuenta mil persoas
> e inda sendo dinamarqueses non pertencen á Unión Europea. Tampouco
> falan o Danés senón unha lingua relacionada con este e o Noruegués, o
> Feroés. Si, é unha lingua nada nas illas e propia dela; só os
> habitantes das Feroes, xunto cunha ducia de miles dos que se atopan na
> emigración, o falan a diario. Sendo tan poucos falantes pódensenos
> ocorrer centos de problemas na vida diaria relacionados coa lingua: á
> hora de ver a tele, escoitar a radio ou navegar por internet. Entendo
> que poucos servizos terán na súa lingua propia... de feito non teñen
> ordenadores en Feroés. 
> 
> Ah!, un momento. Non fun o preciso dabondo. Non teñen ordenadores con
> Windows XP ou Vista en Feroés. Ter só sesenta mil falantes é un
> atranco que bota para atrás mesmo a unha economicamente saudable
> empresa coma Microsoft á hora de traducir os seus produtos. A razón
> básica é que traducir software, que é do que falo, é realmente caro.
> Pero os feroeses si poden dispoñer de ordenadores na súa lingua grazas
> a unha nova maneira de entender as novas tecnoloxías.

Non sei se está ben que digas iso de "esta nova maneira", xa que suponse
que nos primeiros pasos da informática o software libre era A MANEIRA.
Se atopas unha forma de deixalo claro sen ter que o explicar noutro
parágrafo, estaría ben ;-)

> Esta nova maneira, o código aberto ou software libre, é unha forma de
> facer software, programas informáticos. Se o modelo estándar é que os
> programas os faga unha compañía, dun xeito privado, para que logo
> venda os seu produtos, enlatados e pechados, ós usuarios;

Aquí creo que te confundiches, pois empezaches co "Se" e continuaches
cunha contraposición. Volve lelo. Creo que pretendías empezar "O modelo
estándar...".

> o software libre, pola contra, aproveitase da internet para reunir a
> xente que altruistamente colabore en proxectos abertos adicados a
> facer software, software que se pode examinar, retocar, modificar e
> distribuír gratis e legalmente. É todo un cambio de concepto ó que a
> nosa sociedade inda non se acostumou e iso que esta metodoloxía, e
> filosofía de traballo, é quen de producir software de enorme calidade
> e complexidade. 
> 
> 
> O proxecto estrela do software libre é Linux, e si, pódese cualificar
> cos dous adxectivos anteriores. Este proxecto iniciado no ano 1992
> polo finés Linus Torvalds é un sistema operativo, é dicir, é un
> software que fai que o noso ordenador funcione dende que prendemos o
> botón de acendido ata que o apagamos. Windows XP ou Vista é o sistema
> operativo máis estendido no planeta, pero como vedes non o único.
> Tamén Mac OSX é un sistema operativo. A diferenza fundamental, e
> perdoade que me repita, aparte de ser un sistema francamente superior,

Non nos pasemos, "superior en temas coma a fiabilidade, a seguridade e o
rendemento", e se cadra mete algún máis, pero non habería que pasarse,
que canto máis espectativas creemos, maior será o chasco para aqueles
que o leven (o chasco).

> Linux sendo un proxecto de software libre pode ser modificado e
> distribuído legalmente sen lle render contas a ninguén. Habitualmente
> darredor de proxectos coma este, de software "colaborativo", fórmase
> todo un exercito de desenvolvedores voluntarios que contribúen a esa
> misión común. Unha das divisións desas ostes de voluntarios, e cun
> gran papel que xogar, fórmana o batallón dos tradutores. Isto é, xente
> que colabora traducindo nese proxecto pasando do inglés, lingua na que
> se escriben os programas informáticos, á súa lingua. Así, podemos
> atopar programas de código aberto que se traducen a máis do cento de
> linguas. E si, entre elas atópase o Feroés. Aquí xa dá igual que se
> conten os falantes de feroés por milés coma por millóns, a dimensión
> económica do asunto desaparece. O único que fai falta é que alguén dea
> un paso adiante e se enrole na misión. Como o feroés, tradúcese ó
> Frisón, Alemán, Chinés ou Bengalí, tamén ó Butanés, Zulú e ó Guaraní.

Non estou de todo seguro disto, pero en galego creo que as linguas non
levan maiúscula inicial.

>  E para sorpresa de moitos, tamén ó Esperanto, ó Ido e ó Inglés
> Antigo. Non pensedes que mo salto, entre todas esas linguas tamén está
> o Galego pois aquí tamén hai voluntarios que traducimos software. Ese
> traballo que facemos é ás veces sinxelo e ás veces tedioso pero sempre
> gratificante. Nos aquí tamén conseguimos ter software libre, coma
> Linux, Firefox, OpenOffice, por poñer só uns exemplos, enteiramente na
> nosa lingua.
> 
> A min gústame dicir que o software libre é socialmente xusto, pois,
> grazas a todo ese exercito de voluntarios, galegos incluídos, dá igual
> a razón socioeconómica ou o lugar do planeta no que se viva. A onde
> chegue a tecnoloxía, chega o software libre o cal ofrece o mellor
> software sen custo, e para practicamente todo o planeta, na súa lingua
> materna. 
> 
> Se queredes máis información ou mesmo enrolarvos coma tradutores na
> súa división galega, visitade www.trasno.net.

Deixando de lado o xa comentado e algunha falta de ortografía puntual
(bótalle unha ollada antes de mandalo), coido que está xenial. Isto
marcha vento en popa!

Responderlle a