Movemos esta conversa á lista g11n? O Friday 08 August 2008 11:23:17 Leandro Regueiro escribiu: > Isto xa o dixen noutra mensaxe e doulle a razón a Jacobo. A non ser > que vaiamos beber das propias fontes, deberiamos usar os ficheiros do > TP para traducir. Ademais xa se falara do tema este despois do g11n e > nomeara non menos de tres sitios onde hai ficheiros .po con nomes de > paises/moedas/linguas/zonas horarias/cidades/rexións para traducir, > pero o TP é onde máis hai e onde hai de todo.
de todo iso hai as ISO correspondentes (excp., cidades e rexións). > Como penso que isto pode ser moi útil haberia que poñelo nun TBX > deses, e como seria de utilidade para moita outra xente, propoño > habilitar unha especie de servizo que xere páxinas web a partir das > traducións feitas e revisadas por todos, para que non teñamos que ilas > metendo a man nunha wiki, o que é moi traballoso. Deste xeito calquera > persoa poderá usar esas traducións. > > Perdoade o comentario, pero este é un tema recurrente, dende que estou > en Trasno falouse do tema este non menos de tres veces. eu non o vira discutido/non o recordo; así q sinto a duplicidade

