2008/8/8 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>:
>
> Movemos esta conversa á lista g11n?

Por min si...

> O Friday 08 August 2008 11:23:17 Leandro Regueiro escribiu:
>> Isto xa o dixen noutra mensaxe e doulle a razón a Jacobo. A non ser
>> que vaiamos beber das propias fontes, deberiamos usar os ficheiros do
>> TP para traducir. Ademais xa se falara do tema este despois do g11n e
>> nomeara non menos de tres sitios onde hai ficheiros .po con nomes de
>> paises/moedas/linguas/zonas horarias/cidades/rexións para traducir,
>> pero o TP é onde máis hai e onde hai de todo.
>
> de todo iso hai as ISO correspondentes (excp., cidades e rexións).

Cidades e rexións teñen ficheiro no TP.

>> Como penso que isto pode ser moi útil haberia que poñelo nun TBX
>> deses, e como seria de utilidade para moita outra xente, propoño
>> habilitar unha especie de servizo que xere páxinas web a partir das
>> traducións feitas e revisadas por todos, para que non teñamos que ilas
>> metendo a man nunha wiki, o que é moi traballoso. Deste xeito calquera
>> persoa poderá usar esas traducións.
>>
>> Perdoade o comentario, pero este é un tema recurrente, dende que estou
>> en Trasno falouse do tema este non menos de tres veces.
>
> eu non o vira discutido/non o recordo; así q sinto a duplicidade

Igual foi antes de ter chegado ti. Dende cando andas por aquí?

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a