O Friday 08 August 2008 12:14:44 Leandro Regueiro escribiu:
> 2008/8/8 Miguel Branco <bandu...@gmail.com>:
> > Movemos esta conversa á lista g11n?
>
> Por min si...
>
> > O Friday 08 August 2008 11:23:17 Leandro Regueiro escribiu:
> >> Isto xa o dixen noutra mensaxe e doulle a razón a Jacobo. A non ser
> >> que vaiamos beber das propias fontes, deberiamos usar os ficheiros do
> >> TP para traducir. Ademais xa se falara do tema este despois do g11n e
> >> nomeara non menos de tres sitios onde hai ficheiros .po con nomes de
> >> paises/moedas/linguas/zonas horarias/cidades/rexións para traducir,
> >> pero o TP é onde máis hai e onde hai de todo.
> >
> > de todo iso hai as ISO correspondentes (excp., cidades e rexións).
>
> Cidades e rexións teñen ficheiro no TP.

perfecto, non o sabía cando traducín parte do Kgeography, glup)

> >> Como penso que isto pode ser moi útil haberia que poñelo nun TBX
> >> deses, e como seria de utilidade para moita outra xente, propoño
> >> habilitar unha especie de servizo que xere páxinas web a partir das
> >> traducións feitas e revisadas por todos, para que non teñamos que ilas
> >> metendo a man nunha wiki, o que é moi traballoso. Deste xeito calquera
> >> persoa poderá usar esas traducións.
> >>
> >> Perdoade o comentario, pero este é un tema recurrente, dende que estou
> >> en Trasno falouse do tema este non menos de tres veces.
> >
> > eu non o vira discutido/non o recordo; así q sinto a duplicidade
>
> Igual foi antes de ter chegado ti. Dende cando andas por aquí?

Por trasno creo que un ano, antes andivera por esa cousas esperpéntica que era 
a tradución de mozilla en Galego21 e a lista de mozdev.

Responderlle a