Isto xa o dixen noutra mensaxe e doulle a razón a Jacobo. A non ser
que vaiamos beber das propias fontes, deberiamos usar os ficheiros do
TP para traducir. Ademais xa se falara do tema este despois do g11n e
nomeara non menos de tres sitios onde hai ficheiros .po con nomes de
paises/moedas/linguas/zonas horarias/cidades/rexións para traducir,
pero o TP é onde máis hai e onde hai de todo.

Como penso que isto pode ser moi útil haberia que poñelo nun TBX
deses, e como seria de utilidade para moita outra xente, propoño
habilitar unha especie de servizo que xere páxinas web a partir das
traducións feitas e revisadas por todos, para que non teñamos que ilas
metendo a man nunha wiki, o que é moi traballoso. Deste xeito calquera
persoa poderá usar esas traducións.

Perdoade o comentario, pero este é un tema recurrente, dende que estou
en Trasno falouse do tema este non menos de tres veces.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a