O Mar, 12-08-2008 ás 12:17 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
> >> > Iso por un lado. Con respecto ao anjuta que ten cadeas tipo checkout,
> >> > pull, etc etc relacionadas con git ou subversion, debería traducilas? Eu
> >> > penso que non xa que por exemplo commit non significa o mesmo en git que
> >> > en subversion.
> >>
> >> Polo que sei son cousas diferentes, si. Polo de agora non teño unha
> >> boa tradución para estes termos, así que igual será mellor deixalo
> >> temporalmente mentres se discute. checkout igual poderia ser obter
> >> copia local, commit enviar os cambios da copia local, pero co resto xa
> >> non sei...
> > o de enviar os cambios da copia local en commit con respecto a
> > subversion valería pero para git non, xa que o comando que fai iso é
> > push e commit fai algo que non sei explicar.
> 
> Polo que lembro da charla nas últimas xornadas do GPUL, a cousa é así.
> En subversion temos un sistema centralizado onde hai commits, os que
> todos coñecemos. En git ó ser descentralizado, non hai unha copia
> mestra, e os commits pódense facer de dous xeitos, cun pull ou cun
> push. Comparandoo con subversion, o commit de subversion ven sendo un
> push conta a copia central, que en git non existe, polo que o push
> pode ser contra calquera copia. O pull viria sendo que unha copia
> local intenta actualizarse con cambios doutra forzando que a outra lle
> dea os cambios que leva feitos. Non sei se me explico ben :)
> 
Aquí estás mesturando termos o pull é igual que facer svn update e o
commit si que existe en git e sí é contra calquera das ramas que teñas
na túa copia local.

> Por se serve de algo
> http://stuff.gpul.org/2008_jornadas/web/programa.php (chámase de cvs a
> git).
> 
> Ata logo,
>                      Leandro Regueiro

Attachment: signature.asc
Description: Esta é unha parte de mensaxe asinada dixitalmente

Responderlle a