2008/9/2 damufo <dam...@gmail.com>:
> Moitas grazas a todos polas respostas.
>
> A ver que vos parece:
>
> Con respecto a "Random pool successfully reseeded!" debe estar relacionado
> coa xeración de claves nun cadriño que ten o keepassx no que moves o rato e
> colle a entropía para xerar unha clave aleatoria.
> Non sei cal das dúas traducións é a que máis se acerca, pero a de Xosé
> paréceme máis comprensible, de todos modos penso que se pode facer unha
> variante máis a partir das dúas:
>
> "Obtívose correctamente unha combinación aleatoria nova"

Eu lembro que cando tivera que fedellar con funcións para xerar
números aleatorios, se non lle pasabas unha semente á función está
sempre devolvia os mesmos números na mesma orde. Supoño que se
referirá a iso, a que escolle un novo número coma semente para que
despois os números devoltos si que sexan aleatorios.

> En canto a "Unexpected error: Offset is out of range" e dado que ninguen se
> opón á tradución de Nacho pois quedará:
> "Erro inexperado: Desprazamento fora de rango."

inesperado sen x.

> Para Anhang, pois debe ser un lapsus do que fai o programa, (por poñelo en
> alemán), porque vir ven na tradución ao inglés. Traducireino como "apendice"
> para diferencialo de anexo (Attachment).

Respecto disto non sei. Guíate polos outros comentarios.

Ata logo,
                         Leandro Regueiro

Responderlle a